luns, 22 de abril de 2013

A Visera: Directa + De naturaleza salvaje

De novo Riglos, de novo na Visera e na mellor compaña. Era Pascua e Manu andaba por aló acompañado dun grupo de colegas... Lucas, Victor e Ernesto xa son o presente da escalada ourensá e, polo visto, con moito fururo... viñan de Gavarnie, escapando do mal tempo que facía no Pireneo e, aínda que o tempo non acompañou demasiado, estiveron varios días e fixeron varias vías en mallos "como deus manda", he he, eles saben do que falo!! (podedes velo en Damegravedad). Puxémonos dacordo para escalar un día na Visera, Manu e Lucas foron pola Zulu, Victor e Ernesto pola Mosquitos e Toño e mais eu acompañámolos pola Directa, pasamos un día fantástico escalando, falando e facéndonos fotos, deses días onde escalar e compartir momentos de paz e de harmonía cos amigos. A Directa é unha vía mítica da Visera que, desde que foi reequipada, se repite con frecuencia; como había overbooking no último longo da Zulú saímos pola Zuzen que, ao pasar ao lado da Directa, serve para desconxestionar esa saída, alén de ter un ultimo longo fantástico.
Uns días despois voltei con Toño a facer De naturaleza salvaje, vía bestial que busca o máis desplomado da Visera, co selo Murcia-Cobos e, vendo o resultado, parece que resultou un tanden perfecto... parabéns para estes dous mestres! abrindo desde embaixo con "sartenazos" considerables, principalmente nos tres primeiros longos, na procura dos muros máis desplomados e do "teito do cu estreito" (así conta Toño que lle chamaron!), nome que non o pode definir mellor! O último longo fixémolo pola Fiesta... cando chegamos a este ponto tiñamos os brazos destrozaos e, para darlle estopa a ese longo, habia que botar un rato descansando na procura de que os "popeyes" voltasen ao seu sitio... como non sabemos parar, cos brazos nas orellas, escapamos pola Fiesta co rabo entre as pernas, he he, vexamos unhas fotos.

Toño no L2, 6b, continuando pola fenda mentres Lucas se vai pola Mosquitos, empezaron a Zulú por aquí porque a parte de embaixo estaba empapada
No L3 da Directa vemos un exemplo de foto desenfocada! hai quen 8 de cada 10 tíraas así, he he, molesta mirala! Dise o pecado mais non o pecador! ha ha.
Lucas no L3 da Zulú, ás súas costas Ernesto asegura a Victor na travesía da Mosquitos
Sen palabras! ha ha. Por detrás unha cordada na Fiesta!
Toño escala o cuarto longo, 6c+
Manu na Zulú, rematando o longo do dobre buril. Por riba outra cordada no último longo!
Boa foto que me fai Manu no L5, 6c.
Impresionante foto de Victor na cima do trono!
A maquina riglense rematando ese L5 da Directa, Lucas por embaixo na Zulú!
Toño comezando a saída pola Zuzen, saíra como de 7a, bonita saída!

Manu e Lucas, navegando polo desplome!

Outra sen palabras! he he!

Manu antes de subirse á "buitrera" da Zulú, a outra cordada de arriba remata a rota.

Todo o equipo no cumio! galegos rodeando a un riglense... vese claramente que temos un pan máis rico en cereais! he he, un pracer compartir escaladas con todos eles!

Uns días despois comezando De naturaleza salvaje, 6b

Toño no segundo longo, 6b+, bos "sartenazos"!!

De novo toño, agora chegando á R3, longo de 6c cunha chegada á reu algo picante!

Toño comezando o L4, 6b.

No "teito do cu estreito", 6c+, co camelback colgando e tentando apoiar as costas nesa repisiña, é un paso curioso! finalmente agarrei ferro e saín "a vista", he he.

Contraluz saíndo do teito, e co cu ben estreito!

Toño tamén sae dese alucinente teitaco!

Comezando o L6, 7a, os boitres vixiannos desde enriba!

De novo Toño nese L6, os aperturistas uns titáns na procura do máis desplomado!

Comezando o L7, outro 7a de continuidade e desplome.

Toño chegando á reu onde se xunta coa Fiesta, vese o cambio de tonalidade magnesiera! saímos pola Fiesta que os brazos xa ían pedindo a reserva!

4 comentarios:

  1. Hijo del satán, no vas a dejar ni una sin hacer!!!!!!
    ENVIDIA PERRA LA MIA!!!!

    ResponderEliminar
  2. Si, a mi tb me pasa cuando veo las palizas q te pegas por la pedri, y me muerdo las uñas, he he, un saludo pablin!!

    ResponderEliminar
  3. Te veo flojo y a continuación sólo me salen insultos, flojo, flojo flojo y las vías cada vez más fáciles.

    ResponderEliminar
  4. Ha ha, tio... acabo de leer tu relato de la Zulú y me ha encantado, con toda humildad yo tb confieso que soy el más cagao del universo, me agarro siempre que lo veo negro y mi esfinter tiene problemas de apertura de lo que se me cierra en algunas vias, he he, lo dicho... me ha encantado!!

    ResponderEliminar