luns, 15 de abril de 2013

Paret de Catalunya: El Cau del Sioux

Seguimos en Montrebei... despois da Incrèduls decicimos facer algunha vía máis tranquila e, a noite anterior en Áger, Chavi recoméndanos Desequilibrio hormonal, parece adecuado facerlle caso aos que coñecen ben o terreo! Como non temos bosquexo, pintamos un que hai no "libro de crokis" do bar, alén de que cando rematemos a rota a servilleta serviramos para o seu uso principal que, é ben sabido, non se fixo para facer bosquexos. Como non sabemos moi ben onde comeza a vía, e o bosquexo do libro do bar non é ningunha marabilla, levamos tamén o de El cau del sioux pois as duas comezan en teoría moi preto. Finalmente recoñecemos rapidamente o comezo de El cau del sioux mais o de Desquilibrio hormonal non o temos nada claro, ergo... vamos por onde o temos claro!
El cau del sioux pareceume unha boa vía mais non é típica do congost de Montrebei, vai buscando placas de moi boa rocha e, por esta razón, está bastante equipada en comparación coas súas veciñas. É unha vía bastante rápida mais ten unha sorpresa ao comezo do último longo que desentona co resto da vía: hai unha microfenda, á que é difícil subirse, que só che permite meter un microempotrador e na que terás que apretar duro para saír, unha caída neste sitio non se recomenda! por riba hai un parábolt cunha cinta longa para agarrarse mais co aire a cinta está levantada e non a pillas ata que estás ao lado da chapa. Atención ás temperaturas porque o piar da dereita evita que che dea o sol ata a tarde e o aire canalizase cara arriba baixándoas aínda máis. Bo bosquexo do Luichy
Toño no L2, unha bavaresa de 6a que estaba algo mollada e que se pode facer tamén pola placa da esquerda
Agora comezando o L4, un 7b+ que non é obrigado e que ten a súa parte máis dura nunha sección de placa fina fina!

Toño de novo, agora no L8, entrando nun diedro que non é fácil e onde debes currarte algo a protección, 6c.

Por fin o loreeeenzo!!! imos para abaixo que esa tarde toca voltar para Huesca!

Ningún comentario:

Publicar un comentario