xoves, 31 de xaneiro de 2013

Ecrins: outro ano na procura do xeo perdido.

A miña memoria non lembra peores condicións para a escalada en xeo na península, teño pouca memoria mais xa son bastante maior como para ter certa sensibilidade intrahistórica do acervo aventureiro que me tocou vivir, e non, non atopo invernos nos que practicamente non teña xeado e con estas temperaturas, en fin... o panorama anima a emigrar na busqueda do xeo e iso foi o que fixemos, máis unha vez na estrada Toño e eu na procura do xeo perdido, máis unha vez en Ecrins, facendo coincidir o noso periplo coa xuntanza que Ice Fall organiza todos os anos en Argentière-la-Bessée, xa somos como da familia! he he.
Comezamos a nosa aventura en Freissinières, pensabamos escalar L´Arc de Cercle mais ao entrar no val vimos unhas condicións de xeo patéticas, non só nesta fervenza senón en todo o val, o xeo estaba como desfacéndose, fino, escorregando pola rocha coma unha pel enrrugada pola gravidade e dun branco grisaceo que metía medo, estabamos algo desilusionados e decidimos escalar Paulo Folie (III+), unha cascada faciliña de catro longos ao pé do aparcadoiro de Dormillouse, como rematamos de contado marchamos a Ceillac para ver as condicións dese val que, segundo esperabamos, eran bastante mellores que en Freissinières, escalamos pola tardiña Sombre Héros (5) e Vermicelle (5+), iso volveu a pornos as pilas da desilusión anterior! Ao día seguinte chegou a friaxe a Ecrins, seeeeee, erguémosnos a -13, cediño para pillar as furgos de Ice Fall que ían camiño de Fournel, a nosa intención era facer Dèlicados, no sector Palais des glases, mais había xa unha cordada na rota así que escalamos a que está xusto á súa esquerda: A la recheche du temp perdu (4), magnífica fervenza que nos premiou cunha columna espectacular no último longo; e como ao día seguinte tamén había furgos voltamos a Fournel para facer dúas bonitas cascadas no sector Bisounours que se chamaban Calins solem (5+) e Mephisto (5). Despois dun frío día de descanso, esquiando en Serre-Chevalier, fomos a Cervieres porque segundo a xente de Ice Fall as condicións eran inmellorables, estaba formado Le tube (6), que normalmente se fai en dry, e Ancrage de dent (4+), dúas boas fervenzas. O último día voltamos a Freissinières porque pensabamos que o frío deses días engordaría L´Arc de Cercle, porén ao chegar ao aparcadoiro atopámonos con Cristian Ravier que ía facela con dous clientes, demasiados para esa cascada, polo que voltamos ir ao final do val para facer Impatience (5) que tamén é unha estupenda fervenza e estaba en boas condicións, deste xeito rematamos cedo para facer un xantar e tirar millas ata a alfándega, sempre gozando... principalmente das horas que pasamos conducindo, he he, déixovos cunhas fotos.

Toño enlaza o L1 e L2 de Paulo Folie (III+), en Freissinières.
No terceiro longo desa mesma cascada que, con algo de ensamble, tamén se une co último longo.
Escapamos a Ceillac, esta é Vermicelle (5+), que ese día non creo que fose nin 5.
Para rematar o día... unha vez máis Sombre Héros (5), en condicións de 4/4+, chegamos ao coche de noite pecha!
Visión de Fournel desde o fondo do val, as nubes enterraban Argentière!
Toño comezando A la recheche du temp perdu (4), cuns 10-15 mts de ensamble neste longo chegamos en dous ata a base da columna final
Reu cómoda e segura ao pé do último longo de A la recheche du temps perdu.
Toño comezando o último longo, magnífico!
Este longo era excepcional, continuo e vertical, ese día era un bo longo de 5.
Ademais de fotoxénico, he he.
Unha última foto para Toño que se currou ese precioso longo, a saída da vertical, 35 mts por riba, estaba pelada e había que pinchar entre algo de herba e rocha, delicada!
Comezando Mephisto (5), en Fournel, bonita fervenza!
Outra visión de Mephisto, a parte superior era continua!
En Mephisto coincidimos cuns icemen cataláns, un deles tivo unha caída estraña e cando ollamos para o piolet rompéralle a folla, o nunca visto! e non fendeu pola punta como podedes ver na foto! vendo isto hai que pensarse moi en serio iso de facer solos!
Toño currándose Calins solem, (5+), tamén no sector Bisounours, Fournel
A compe que Ice Fall organiza todos os anos, esta foi a que gañou en mulleres, era impresionante a facilidade coa que saltaba de un yaniro a outro!
Ambiente na compe... lumieiras, viño doce, cultura alpina! e ao fondo vedes a pista de freestyle, vaia saltos que daban estes máquinas!
Vista de Cervieres desde a pista de fondo, o churro que colga no medio é Le tuve.
Comezando Le tube (6), estaba groso! a guía de xeo da Briaçonnais di algo así: "cando o tubo toca, o tubo é sexto", porén non creo que fose máis de 5/5+ ese día!
Toño dándolle unha polea a Le tube, estaba fantástico así que lle dimos un par delas!


Toño de novo, agora en Ancrage de dent (4+), tamén en Cervieres.
A esta tamén lle demos unhas poleas para pasar o día, he he, uns franceses tomaban un té e ollaban para nós como dicindo... "estes veñen, escalan todo o xeo do circo correndo e marchan a toda ostia!"
Último día en Freissinières, como non puido ser L´Arc de Cercle fomos a Impatience (5), vista de toda a fervenza desde a barranca.
Segundo longo de Impatience, despois da campa de neve, fixera bastante frío e o xeo escachaba só con miralo.
Reunión bestial antes do último longo, o ano anterior rematamos esta cascada pola columna que vedes á miña esquerda, claro que era catro veces máis gorda!
Toño negociando ese último longo de Impatience
A maior temeridade que lle vin facer a ninguén en moito tempo, he he, subido a un taco de xeo que esta no aire e todo o que hai embaixo e un torrente de auga, se lle rompe había darse un bo baño nesa poza, cos anos as neuronas vanse atrofiando!

8 comentarios:

  1. Valla par de maquinones. Menuda retaila de cascadones. Guapamente.

    ResponderEliminar
  2. Esperando que alguna vez que pasemos por lleida abandones la niebla y te unas a nosotros, he he, un abrazo jesus!

    ResponderEliminar
  3. Me cago en tooo, yo tb quiero... envidia de veros por ahí subidos a los chupones esos y disfrutando del hielo vertical!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Ola, son CArlos, do roco de Lugo. Impresionantes as fotos do teu colega Toño subindo "A la recheche du temp perdu".

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  5. Siii, a verdade é que saíron boas fotos e iso que o indiduo é pouco fotoxénico, ben... é bo rapas mais ghuapo ghuapo.... non é... pero ten un pelaso...he he, un saudo

    ResponderEliminar
  6. Esas fotos están de puta madre: a cascada de xeo vista desde atrás, facendo contraste coa figura de Toño (que a súa vez ten unhas cores moi semellantes aos trozos que se ven de roca). Ademáis, a perspectiva que captaches das posicións de Toño transmiten un dramatismo que parece que che fan sentir o seu esforzo ainda que esteas sentado diante do ordenata.
    Saúdos,
    Carlos

    ResponderEliminar