sábado, 29 de decembro de 2012

Riglos. Pisón: Tucán ausente

De novo Riglos... a estas alturas o normal sería estar pinchando xeo máis, sen ánimo de ser agoreiro, cada ano está máis difícil, vai haber que emigrar ao Canadá se queremos ver churros de xeo ou, o que parece máis intelixente, dedicarnos a darlle ao surf... en fin, o tema é que cada ano a tempada se acurta máis e é máis aleatoria... mais o plan B, sendo Riglos, tampouco é para desprezar en absoluto!

A Tucán é unha via preciosa, aberta por  Toño e Gorka en 1990 e equipada con spits do 10, que vai entre o Pájaro e a Carnavalada pero con suficiente espacio para pillar o espolón que divide estas dúas vías. Un pracer repetila cun dos pais da criatura... os spits están en perfecto estado, aínda que algo distanciados, principalmente nos longos superiores, onde nalgúns sitios non te debes caer; escalámola en 4 horas nun día soleado de inverno excepcional, o cuarto e quinto longos, despois da entosta central, son fantásticos. 
 [Restaurada no verán de 2015. A maioría dos spits mudáronse por bolts (excepto nos primeiros longos) quitouse algún alonxamento notable e mellorouse a situación dalgunha reunión (R6), porén ainda hai que trepar con aire]
Fotos...
O día anterior estiven con Martín en San Pelegrín, un muro fantástico e cunha rocha inmellorable para ser Guara, velaí un novo terreo deportivo que, unha vez máis, debemos ás inquedanzas e á entrega do Edu, grazas titán!

Toño no segundo longo da Tucán, 6b

O L3 é moi bo, cun pequeno paso algo a bloque que lle dá o grao, 6b+/6c

Este cuarto longo é unha xoia, toño fluíndo por ese río de bolos nos que debes andar fino pola lonxanía dos seguros, 7a

Desde o Pisón... Peña Rueba e o Gállego son un expectáculo!

De novo o L4, continuidade pura para este longo de 55 mts

Toño segue agarrado á corda no L5, é de agradecer despois de chegar á reu con 55 mts desplomados nos antebrazos, he he, os bolos aquí son algo máis romos pero é un longo máis amable, 6c+.

A foto artística: cores en terras de meandros!

Unha perspectiva do patio no Pisón

O L6 ten un par de pasos a bloque cabróns, este é chegando á reunión, alén de que o spit que protexe esta panza non se ve desde embaixo, 7a.

De novo Toño nesa mesma panza, hai que apretar!

O último longo tamén ten un par de pasiños para saborear antes do cumio, 6b.

2 comentarios:

  1. qué pasote de via...
    moi guapas ás fotos, xosé, ainda que dende ahí arriba e con esa cámara nova calqueira, eh? ;-)

    ResponderEliminar
  2. Luís! tesme que dar un curso de como usala, he he,a ve se nos vemos e me sacas a blocar!

    ResponderEliminar