martes, 4 de decembro de 2012

Fire: Rabadá-Navarro

Outra alucinante ascensión destes dous titáns chamados Alberto Rabadá e Ernesto Navarro. Nunha época na que a escalada era unha forma de vida moi comprometida, cando un erro de estratéxia ou unha acción equivocada custaban un prezo moi alto, neses momentos onde aínda se codiciaban as liñas naturais como xestas imposibles, nalquel tempo, onde outros escaladores audaces se retiraban eles deixaban a súa pegada; en catro dias dunha ponte do pilar de 1961 Rabada e Navarro escribían outra páxina da historia da escalada e... sen buriles. Toño e eu escalámola en arredor de 5h., indo moi tranquilos, actualmente hai innumerables seguros na rota que te axudarán a orientarte por un percorrido que, probablemente, teña variado bastante nestes 51 anos, porén seguir a vía segue sendo un dos seus alicerces, a rocha é do mellor que podes atopar no Fire, debido seguramente a tantos anos de ascensións nas que cada cordada escribiu a súa propia intrahistoria; ao subir mudamos algunhas pontes de rocha e anotamos os seguros que se atopan actualmente na rota e que mostramos a seguir nun bosquexo sobre foto que fixemos posteriormente, espero que vos sirva e que gocedes da vía. Podedes ver toda a interesante historia da apertura deste Espolón S.E. do Fire en A0 a vista
Sobre estes dous xenios deixovos algunhas verbas publicadas en Desnivel por algúns dos seus compañeiros da época: [Las palabras de Pepe Díaz son elocuentes: “Rabadá era el clásico genio. Se le ocurrían unas cosas... Hacía 20 o 30 intentos y claro, el que salía era increíble; los otros eran casi inalcanzables. Montaner y yo, que éramos mayores, sobre todo yo, íbamos más a lo seguro. Y eso, aparte de su trabajo, le fue echando un poco en brazos de Navarrico, que le seguía ciegamente donde dijera él. Y así fue. Navarro era un segundo fenomenal pero es que era también un primero excelente. Al contrario que con Montaner y conmigo, que teníamos unas broncas fenomenales, entre ellos no había nunca problemas”.]...[Por su parte, Montaner, recientemente fallecido, describía en el programa Al filo que entre ellos “no discutían y Navarro seguía muy bien las iniciativas de Edil, por muy arriesgadas que fueran”. También escribió: “Alberto Rabadá Sender, sin despreciar las cualidades humanas y deportivas de su compañero Ernesto Navarro Castán, que eran muchas, fue siempre alma de lo realizado con éste y con otros”. Sin embargo, matiza Pepe Díaz, “Ernesto era comedido, calladico, no presentaba problemas, con la sonrisa a flor de labios. ¡Daba gusto con Navarrico! Aparte de que era una ardilla. No tenía que envidiar a Rabadá. Tú titubeabas en un paso y él nada, te decía: déjame que voy a mirar. A Rabadá le pasaba igual, se conoce que se lo habían pegado”.] Se queredes ver máis fotos ou unha boa descrición da rota visitade os Blogs de Jesus ou de Pablo, non vos defraudarán!

Toño no L1, baixo a panza cabrona, 6b. Lembrade que a vía comeza onde está a fita máis grande!
Comezando a trave do L3 baixo a mirada do Pisón e do Puro, 6a
Toño inicia o cuarto longo, V+
Toño de novo no L6, cambiándose de fenda, V+
Comezando o sétimo longo, IV+
Inicio do Torreón, L10, isto debeu ser o que lle deu máis traballo á cordada aragónesa, 6a+
Este pitón, pola forma, debe ser dos que utilizaron durante a apertura ou nas primeiras repeticións, atopámolo no Torreón.
Anotamos os seguros que vimos na rota e fixemos este bosquexo que coido é bastante acertado, espero que vos sirva!


Ningún comentario:

Publicar un comentario