martes, 27 de novembro de 2012

Tozal del Vero: Vértigo

Espectacular vía! alén de bonita! Hai que darlle a noraboa ao Edu pola súa apertura... nun lugar isolado onde só a paliza de achegarse á parede merece un recoñecemento, en solitario e, aínda que atopas bastantes seguros, botándolle un par de "gónadas" para subir por eses alucinantes muros. Parabéns por esta preciosa vía machine!! Eu nunca trepara no Tozal do Vero máis coido que comecei con bo pé, a Vértigo pareceume unha rota realmente bonita e completa.
O Tozal do Vero é unha parede curiosa de 350 mts, nun lugar "esquecido" da man humana e, aínda estando preto doutras zonas máis concurridas, onde te atoparás practicamente só coa tua ferralla diante dun monstro de vértigo. Mais para Vertigo esta magnífica vía que, aínda estando bastante chapada, non te deixará confiarte e terás que te espelir e apretar para poder descubrir os seus segredos, toda unha xoia que merece a pena coñecer, e para encadeala vai forte, moi forte! Tedes o bosquexo no blog de Edu, agora van unhas fotos. Tamén vos deixo un enlace dun vídeo que se curraron Manu e Edu na vía.
Toño ollando o tremendo desplome que ten a parede do vero na parte inferior, temos que cruzalo por baixo para achegarnos á vía, impresionante!
Toño no primeiro longo que nos vai facer despertar os antebrazos, 6c.
De novo Toño, agora comezando o terceiro logo, talvez o máis duro, 7b+/7c, a rocha é alucinante!
Visión de Toño na R3 póndose os gatos, este cuarto longo é como de transición, V+
O L5 é bestial "El Gruyere", continuidade cun paso cabrón, 7b
Aínda que o L6 non desmellora nada, chámanlle "La Visera", 7b, e cando saiades da R5 veredes que o nome faille honra! he he, Toño saíndo á repisa onde se atopa a reunión, co Vero detrás, finalmente unha repisa cómoda!
Comezando o L9, cunha panza equipada na que se non tes un pedal penarás, 6c+/A1
Toño gozando da cova da R10 (o penúltimo), ao hominus riclense vaille fatal o sol e aseguroume todo o longo desde dentro, he he
O último longo é a guinda, un muro de buracos cunha caliza que parece que estiveras na Cordilleira Cantábrica, flipante! 7a.

Ningún comentario:

Publicar un comentario