xoves, 18 de outubro de 2012

Peña Rueba: Make

Teño que felicitar a Ignacio por abrir esta preciosa via no Mallo Común de Peña Rueba, a rota é moi completa e percorre probablemente a zona máis inexpugnable desta parede, perfectamente equipada e co teito máis brutal que podedes imaxinar. Este macizo de conglomerado sempre durmiu á sombra de Riglos mais nos últimos anos tomou conciencia de si mesmo grazas ao impulso dalgúns escaladores entre os que hai que salientar a Ignacio Cinto, abrindo vías case sempre en solitario que se teñen convertido en referentes da escalada neste precioso lugar.

Algo fartos de trepar en Riglos... Toño propúxome ir á Make, el xa a fixera e comentoume que tiña un teito salvaxe e que merecía moito a pena aínda que só fose por ese teito. Realmente o teito é brutal mais o resto da vía tamén é preciosa, o primeiro longo faise en A0 (aínda que creo que foi liberado, imaxino que atacando un pouco á esquerda, e saíndo algo así como 7c+), mais coido que é mellor e máis comodo subir usando os estribos que tamén serán inprescindibles para saír airoso do enorme teito do L2, os seguintes longos encadeámoslos todos, sen saír un grao excesivo, excepto unha pequena panza que da acceso á R4 e que penso que se negociará mellor pola esquerda pero está algo sucia. Nós vimos así a vía: L1: Ae, L2: Ae -con estribos e sabendo moverse sobre eles-, L3: 6c, L4: 6c+/A0 -un paso de A0 na última panza-, L5: 6b+ e L6: IV+. Levamos 17 cintas e son suficientes se no primeiro longo vas recollendo, recollendo todas as que poidas... descendimos por El tiempo que nos queda, en catro rápeles, tamén se pode baixar pola mesma rota se non fas o último longo, porén terás que guiar a corda nalgúns puntos; nós saímos por arriba porque ía moito aire e a Make está moito máis exposta que El tiempo que nos queda e seguro que o vento nos había dar a paliza. Toda a info e bosquexos sobre Peña Rueba podedes vela nun artigo de Armand Ballart no desnivel nº 292, tamén se poden atopar vías novas por internet. Vexamos unhas fotos.

Impresionante!! Toño ao pé do muralló!!
Estribando ao comezo da vía, Ae/A1
Chegando á R1. Iso non é un teito, é unha pucha inmnesa!!
Toño traballando co mundo enriba! de chapa en chapa mais impresiona! Ae/A2
Brutal, creo que é o teito máis grande do que me teño colgado! Aínda que estea chapado tes que saber moverte nos estribos porque senón penarás!
Saíndo do mundo ao revés! he he
O L3 sairá de 6c, longo bonito e de boa rocha, Toño deixou ese estribo porque prefire que o leve eu, non sabe nada!!
Agora no L4, faltounos liberar unha panciña a bloque que hai chegando á reunión, o resto será 6c+, a panza antes da reu penso que mellor pola esquerda, aínda que está algo sucia.
O quinto longo tamén está sucio pero vaise facendo, 6b+
As paredes Sur de Peña Rueba. Así vimos nós a vía

2 comentarios:

  1. Buenas, de qué manera puedo contactar contigo? Muchas gracias!

    ResponderEliminar