venres, 26 de outubro de 2012

Vixilia ao Fire: Al-Ándalus

Era o primeiro día da "Vigilia al Fire", homenaxe merecido a Ravada y Navarro no 51 aniversario da súa escalada ao espolón do Fire, actividade que podedes ver en varias entradas de los caracoles majaras, outra obra máis do incombustible Ignacio Cinto! Martín e eu fomos escalar Al-Ándaluz, vía que aínda non tiñamos feito e que, alén de cruzarse coa Galletas (no primeiro longo e na travesía anterior a enlazar coa Vía de las fisuras) e de ir moi preto da Directa as Cimas na parte final, penso que merece a pena e ten certa personalidade propia.
A rota comeza uns metros á esquerda da Directa as Cimas e nótase que foi traballada e limpada a conciencia durante o equipamento, porén estamos no fire e cómpre que pasen máis cordadas para asegurar que vas relaxado trepando sobre unha rocha fantástica, he he, vale... hai que ir a miudo tanteando moito onde pór as mans e os pés! esperemos que iso mellore co paso da xente e os anos. Ese día había bastante xente na Galletas e pasamos algo de medo cunha cordada que se cruzou connosco no segundo longo da nosa vía... un mozo caeu na travesía da Galletas antes de que eu chegase á R2, pasoume a un metro, uff!! antes de que o rapaz se repuxera do susto subin ata a reunión e ancoreime con 25 cabos, no entanto o mozo continuou e volveu caer agarrándose á nosa corda mentres eu tentaba recuperala, se non solto a corda reventame un dedo! en fin... avatares que é mellor esquecer e pasar páxina, por esta razón penso que talvez a rota esta algo apretada no Fire e tamén penso que se hai xente na Galletas é mellor levar outra opción de escalada. A rota esta ben equipada aínda que algunhas chapas costan algo, respecto ao grao penso que está cómodo... porén non te deixa relaxarte moito pola calidade da rocha; tedes un bosquexo no blog de Nach

Martin no L2, 6c, onde tivemos a peli de "terror no Fire"
De novo Martin, agora comezando o terceiro longo, 6c.

Martin recollendo o L4, 6b, vemos varias cordadas na Galletas.

O quinto longo vai na procura das panzas, 6c

No L6 mudas para saír polo mesmo torreón da Directa as cimas, e moi preto dela! 6b+.

No sétimo longo, 6c+

Despois dun último longo de 6b chegamos ao cumio, levabamos tempo sen escaparnos aos Riglos os dous xuntos, foto co Pisón detrás e xa baixamos máis suaves! he he!
No cumio atopámonos con Ignacio e un colega, fixémoslles esta foto na cima da punta No Importa co Gállego detrás

Uns par de días despois voltei a Riglos e parei con Toño en Ayerbe para visitarmos a nova Glorieta Navada-Navarro e o "monumento" en homenaxe a estes grandes escaladores, todo dentro do plano da Vigilia al Fire, outro gran traballo de Ignacio Cinto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario