mércores, 16 de maio de 2012

S. Llorenç de Montgai: La directa, Cachanines e Autopista al infierno

De volta á tapia! Había un par de días fora a Vilanova a facer La chica del martini con Toño, ahora tocaba Riglos porque Pablo quería facer a Chinatown, á que tamén se apuntaba Jesus... pola noite chega Pablo a Huesca e falamos con Toño porque o tempo non prometía aínda que él estaba completamente seguro de que o ía ser bo. Pola mañá amaneceu chovendo en Huesca e Riglos...  o resultado foi írmonos para Catalunya que parecía que pintaba mellor. Toño queda en Riglos e finalmente xuntámonos con Jesus en S. Llorenc de Montgai, precioso lugar!
 Aínda que parecía ameazar con algo de choiva o tempo estivo estable, iso si... bochorno! e a ratos algo de sol. Deixámonos aconsellar por Jesus que está na súa casa, empezamos quentando en La Directa al Cilindro, é un penedo que parece un mallo e coa rocha a medio camiño entre conglomerado e caliza, logo fixemos Cachanines, unha vía de dous longos tamén no Cilindro pero nunha parte onde a rocha parece máis caliza que conglomerado e, para rematar o día, escalamos Autopista al infierno, situada na parte dereita, xusto ao pé da estrada, equipada con spits do dez e algo sucia, pero deixabase facer porque onde puñas os pés e as mans soia estar limpa, aínda que non te podías saír de aí porque penabas. Bonita vía de grado apretado, mellor se estivese máis limpa, non vos fiedes moito dos grados do croquis da guía Lleida climbs porque están mal, ao último longo chámalle IV e é un 6c; as outras vías son dúas xoias da zona que merecen moito a pena. Aí van unhas fotos.

Jesus comezando La Directa al Cilindro, 6a
Pablo no L2, 6b, como vedes parece Riglos!
Jesus e eu ascendendo o segundo longo

Precioso L3, que unin co L4, 6a+ e 6a
Pablo apretando en Cachanines, 6c
De novo Pablo no L1 de Cachanices
Ao segundo longo de Cachanines danlle 6b+ pero pareceunos algo máis duro ca o primeiro, talvez se trate dun 6c de libro
Semos gilipollas!! xa sabemos como Pablo nos fai a 12-13 e seguimos caendo! Dinos que subamos sen zapatillas e él lévaas, o resultado é que penamos rapelando e él chega embaixo media hora antes ca nós, non aprenderemos nunca!!
Comezando Autopista al infierno, a entrada non era evidente e tiña un paso obrigado de 6c que se nos atragantou
Enlacei o L1 e L2 sen problemas, 6c e 6b. Jesus chegando á R2, rocha excepcional pena que estivese algo sucia!
Pablo tamén xuntou o L3 e o L4, aqui no terceiro longo, 6b+

Precioso lugar para escalar, ao fondo a vila de S. Lorenç de Montgai.
Pablo continúa apretando, o L4 na guía Lleida climbs vén de IV, pero non nos enganou porque a saída da R3 é unha placa fina fina que nunca podería pasar por IV, mais tarde saberiamos que era 6c
Tres fantasticas escaladas, en primeiro plano a beleza... en segundo a determinación, aaahhhhhhh, he he he.

Ningún comentario:

Publicar un comentario