venres, 25 de maio de 2012

Ponoch e Peñon: Café licor, Nueva dimensión, Mare nostrum e Puto paseo ecológico

Había tempo que Martin e eu reservaramos uns días soltos para trepar, o tempo daquela pintaba realmente mal e, aínda que tiñamos algunhas ideas de onde ir, entre elas deportiva en Valdegovía, deixámolo correr ata saber como os deuses ían dispoñer do tempo tolo que temos este ano... e apareceu Julian... liándonos para ir trepar a Alicante, a idea gustounos aos dous, non só gozariamos de boas tapias senón que, coa inestabilidade do clima, era un valor seguro; e como hai moito vividor que non curra case nunca, Toño apuntouse rapidamente para vir connosco desde Huesca e,  pola misma ecuación matemática, Pablo tamén se apuntaba a trepar connosco algún día, ademais era ponte en Madrid. Eu levaba uns anos sen escalar por este recuncho da costa mediterranea e, alén diso, había que estrearlle a california a Martin, vaia flipada de vehículo, coa casa a costas, e que nos facemos maiores e, aínda tendo a mente rebelde, xa imos algo burgueses no concepto, e... xa o dicia Manquiña naquela frase celebre de Airbag... "el concepto es el concepto"
 
A idea era facer un par de vías no Ponoch e outras tantas no Peñon de Ifach, así que saímos de Huesca Martin, Toño e eu, Julian viría para a finde e Pablo finalmente só podería trepar connosco o domingo. O tempo seguía xogándonos sorpresas e agora tiñamos unha onda de calor abafante, madrugón no Ponoch para escalar a Café licor, que rapelamos despois de rematar as dificuldades, case non chegamos embaixo da calor que pillamos, se os deuses non o tiñan claro co tempo aquilo era a fragua de vulcano, repetir unha vía no Ponoch era unha temeridade, a estratexía era írmonos para o Peñón e madrugar moito para saír por riba antes de que nos dese o sol. Porén as sorpresas non remataran aí, ao chegar ao aparcadoiro do Ponoch atopamos un patinador, que finalmente coñecía a Toño, e quen non! e comezamos a falar... bla bla bla, patinas fenomenal! bla bla bla... finalmente quedamos para trepar xuntos ao día seguinte, o noso novo compi era José Anaya, aperturista e escalador prolífico, ademais de ser toda unha personaxe... sempre risas e bo rollo!
E como o concepto estaba claro marchamos para Calpe a darlle estopa ao Peñón. O primerio día, en palabras de Jose, empeñámonos en Nueva dimensión, a vía ten algúns longos bos e outros mediocres (os comúns coa Herbes mágiques) pero merece moito a pena polos dous últimos, saen polo que semella ser o desplome máis alucinante do Peñón e non pasan de 6c, alucinante! Ao día seguinte chegou Julian e Jose levounos a unha vía recén inaugurada, Mare nostrum, a mellor que fixemos estes días e, probablemente, do mellor que teño escalado no Peñón, unha xoia que se convertirá en clásica con toda seguridade, só por escalar esta perla lle temos que estar agradecidos a Jose. O último día uníusenos Pablo que baixara de Madrid coa familia, o noso anfitrión marchou cun colega co que andaba liado na O do Puig Campana... depremidos pola súa ausencia fomos darlle uns apretóns á Puto paseo ecológico, vía bastante obrigada nalgúns pasos debido, principalmente, ao xeito en que se equipou, porén é unha boa vía que hai que facer. En xeral foron uns días magníficos polas boas escaladas... pero principalmente pola compaña, con estes amigos a vída mellora substancialmente, mellor non se pode! Todo o que queirades saber sobre escalada na zona verédelo en matxinklimb.com e tamén atoparedes un bo bosquexo da estupenda Mare nostrum, os meus parabéns aos aperturistas pola criatura! Vexamos unhas fotos

Martin colleu a corda e tirou ata que llela quitamos, este é o L3, 6a+, como vedes baixo a atenta ollada de Toño!
He He, a atenta ollada de Toño tiña que ver coa comodidade... imos promocionar o arnés hamaca! se ven isto os de peltz sácanlle un novo uso!
O L6, segundo teito da vía, creo que menos inmundo ca o primeiro, 7b ao que se lle ve cor, eu resolvino cun par de aceradas atómicas
Toño saíndo dese teito do L6, tiña unha placa moi boa!
Agora xogamos no Peñón, Jose encadena o L1 de Nueva dimensión, 7b, típica rocha peñonera cabrona, un longo duro coa guinda na chegada á reu, noraboa meu!!
Toño no L3, 6b+, un longo atlético moi bonito!
Seguimos en Nueva dimensión, agora é Martin o que ataca este L3
O L4 non pareceu gustar moito polo tipo de rocha peñonera branquiña, a min pareceume bastante bo, 6c.
Nos longos comúns coa Herbes atopamos ese "tablón" colgando, algún día foi silleta! terrorífico!!
Toño e Jose saíndo polo último longo, 6c, impresionante desplome o de estes dous longos!
Este é o anterior, 6b+, pareceme mentira pero saen dous longos de sexto espectaculares
Martin foi o branco das gaivotas, deronlle os dous días que trepou no Peñón, iso pasalle por ser tan grande!! en todos os sentidos... hai que ser un cabrón con elas para que te respecten!
De novo Jose en acción agora no L1 de Mare nostrum, 7a
Julian apretando nese mesmo primeiro longo
De novo Juli, agora no L4, 6a+
Outro longo excepcional, é o quinto longo, arredor de 6b/6b+
De novo o L5, por riba vemos a Jose atacando ese precioso último longo de Mare nostrum, 7a
No cumio, Julian e eu gozando do Mare nostrum aos nosos pés! infelizmente ese día Martin encontrouse mal e non puido gozar desta estupenda vía, os aperturistas merecen un aplauso!!
Aproximación á cara sur do Peñon o último día, tamén nos acompañaba Pablo ese día
Toño comezando Puto paseo ecológico, 6b+/A0, en simple escalando con Martin... ian como motos!!
Pablo no segundo longo, 6c, e é obrigado, pena que non o pillei voando!!
Esta placa é algo cabrona e a chapa tamén está cabrona!! Pablo en acción!!
Pablín empatouse e non nos quería deixar escalar, he he, no L3, 6b+
Julian cabreouse e quitoulle a corda! agora no L4, bonito longo de 6b+
Mentres Toño e Martin apretando no último longo
Nós ao noso, Julian escala esta estupenda fenda de V+, a min pareceume moi bonita, é o L5.
Pero para bonito o L6, precioso longo de canto continuo e saída por un teitiño, 6c+
O último longo é a guinda! saes en A0 e logo dunha ponte de rocha unha apretada fina de 6c+ na que hai uns bos "sartenazos" mellor levar un par de micros para non pasar medo, co semáforo vaise estupendamente! Parece ser que en libre é 7a+.
O tamaño importa chavales! Martin "to rabo", Pablo "vai xusto" e Julian e Toño "acabaran estirando co tempo"... digo eu? falta Jose que xa andaba colgao polo Puig e eu que son o artista, que paciencia tedes aguantando "cascarrabias" todo o día, Toño sempre me recorda que Gumi ten razón cando di "cando sexas maior directo ao asilo", he he, un pracer titanes!

1 comentario:

  1. Xosé, menudas escapadas, y qué bien te acompañas.... La verdad es que me hubiera gustado estar algún dia antes, pero la familia.... es la familia (como diría El Padrino). En cuanto vuelva al Peñón iré a probar la MARE NOSTRUM, un placer seguir compartiendo viotes contigo.

    ResponderEliminar