luns, 23 de abril de 2012

Calaveras en Ardonés

Para acabar a campaña de xeo deste ano decidimos xuntarnos uns cantos colegas en Ardones, a idea inicial era ir a Gavarnie pero como somos algo "calaveras" en canto nos pomos a falar facemos un sarao e, como nos dá o mesmo onde estemos porque onde estemos estaremos ben, finalmente botando contas variadas pareceunos máis cómodo Ardonés. Quedamos en Benasque, nos Apartamentos S. Marsial, para durmir como señores en dúas habitacións que nos repartimos Jesus, Pablo, Alberto, Jorge e máis eu; pola mañá apareceron Jordi e Fernan, almorzo de campións e a buscar o xeo. Escalamos na parte superior de Ardonés porque na inferior non abundaba o xeo senón a auga, montamos unha lea de cordadas e escalamos por todos lados, poleas en drys... e subimos cada cubiño de xeo que se nos puso por diante. Un día fantástico de xeo e boa compañía que sempre cómpre repetir, as fotos mostan como gozamos deste último día de xeo da tempada.
Almorzo de campións!!
O día comezou animado, cada un escalaba por onde podía, he he, Jesus e máis eu en acción!!
Pablo asegúrame e grávame mentres gozo deste bonito longo, boa foto que me fai o Jesus!
Yoryo e Albert atacan por outro lado para montar un Dry deses
E iamos buscando comumnas e o que se puidese subir
Albert escala o muro de xeo por outro lado máis
Pablo con esos cacharros permítese o luxo de posar coma os máquinas
A cousa estaba animada, sumáronse un amigos do GREIM, entre eles Fernando, uns máquinas... soben a trepar e esquecen a corda! he he, ao final "rescatámolos" e trepamos todos xuntos, así esperamos que fagan eles se algún día o precisamos!
Poleas en Drys
Columnas cada vez máis precarias, Yoryo en pura determinación!!
A cousa era gozar e gozar!!
Alberto metíase polo lado malo da vída
Cando as cousas van ben ata sae o sol para te calentar
Foto de grupo! ata lle tiramos o pó a uns Monster que viñeran de agasallo, morden ben os cacharros!! un pracer!!
hh

Ningún comentario:

Publicar un comentario