sábado, 14 de abril de 2012

Trigonier: Bolo fang

Ben, finalmente puiden porme diante do ordenador para colgar unhas fotos desta interesante fervenza. Ao día seguinte de facer a Cascada de la Sarra en Pineta, xa choveu!!, fomos ao val de Trigonier a buscar esta xoia cun longo duns 50 mts de quinto, está situada uns 100 mts á dereita da Cascada de las Bordas, cuns 20-30 mts verticais que no medio teñen un buraco no que se pode tomar un descanso; a aproximación foi caralluda grazas á furgo de Toño que se comeu a pista ao 4x4 máis xenuíno, he he, aforramos polo menos unha hora de pateo, aos nosos anos isto agradécese!! 

As condicións eran deplorables, caía moita auga, o xeo estaba despegado da rocha e do teito do que colgaba non deixaban de caer pedras, ademais a columna inicial estaba tan deteriorada que os tornillos eran máis un apoio psicolóxico que un elemento de seguridade; ninguén dixo nada, aínda que os dous pensabamos o mesmo, escalamos, rapelamos... e cando xa tiñamos a mochila nas costas, e comezabamos a baixar a canal para irmos buscar a furgo, os dous concordamos en que as condicións eran patéticas, como para dar a volta antes de comezar... "pero bue... como xa estabamos aquí!". Como sempre un pracer compartir escaladas con Toño, que se currou a cascada coma un titan. Desde Trigonier fomos ata a boca norte porque quedaramos aló con Miguel e Pablo que lle ían meter uns pegues á Dorada, están comezando a dar pasos nisto do xeo, aínda que se seguen con esa motivación non tardarán en subirse por onde queiran, a Dorada é un bo entreno! Vexamos unhas fotos.
Toño comezando Bolo Fang, e buscando onde meter un tornillo que valla para algo, he he
Velaí vai o xeo-man, asegúrovos que non se fia nada deses tornillos!
Segundo vas subindo vaste adaptando ao que hai, digo eu!
Pura determinacion!
Nese buraco tomabas un respiro, pero había que saír del con máis determinación, iso si... agora os tornillos eran atómicos!
E se pola dereita a cascada relaxaba un pouco... Toño sempre buscando o lado heavy da vida!!
Imonos antes de que se nos caia enriba!!

Pablo na parte dereita da Dorada, gozando do xeo ao sol, mentres Miguel o asegura
Nós tamén nos animamos a darlle uns pioletazos á Dorada, que chupa máis bonita Toño!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario