sábado, 8 de outubro de 2011

Terradets, paret de les Bagasses: Colores

Terradets ten o privilexio da rocha... deportiva de calidade e tapia para elexir, a roca Regina para os homes e Bagasses para os nenos, he he, esta vez foi cousa de nenos, aínda que había que apretar, sen compromiso pero que ledicia de escalada, a Colores é unha vía para repetir sempre que se queira e para recomendar aos bos amigos. Vía rápida duns 200 mts, mellor facela pola tarde que o sol tosta menos, e aínda que a idea era continuar por algunha outra vía ata enriba... comezando as catro da tarde o tempo non dá para tanto.
 
Quedei con Jesus e Albert, que viñan de Lleida, en Les Abellanes, cheguei con tempo e tomei un par de cafés para despertar... pitillo... e nun momento púxose a chover con gusto, cando chegan os dous bichos pirenaicos eu non vexo claro o tempo, pero Albert e Jesus están no seu territorio e teñen clarísimo que a parede estará seca e que o máis probable é que non chova. Así da gusto... via fantástica e en fantástica compañia, sen compromiso pero obrigada no seu grao, o longo chave é o segundo aínda que lle dean máis grao ao sexto, o L2 non só é máis obrigado senón que tamén é máis difícil, porén, cómpre dicilo, escalar esta vía é un pracer, nestas rotas a escalada se convirte nunha arte donde o verbo é poesía é os nosos movimentos torpes se convirten en bailes de musica celestial... en fin, imos ver unhas fotos.

Albert comezando a vía, no L1 xa hai que ir acordando e quentando dedos, V+

O L2 é o chave, placa moi fina de moverte con moita atención, obrigada porque ten bos sartenazos e de grao duro duro, danlle 6b pero está máis próxima ao 6c
Outra vista deste longo, agora son Jesus e Albert aos que lles toca apretar
O cuarto longo tamouco desmerece, Albert continua abrindo camiño nesta preciosa placa, 6a+

Chegando a reu deste cuarto longo... patio, ambiente e rocha perfecta


Jesus ataca o teitiño do L5, outro precioso longo, 6a+

Outra toma do Jesus nese mesmo longo, por riba vese o magnífico desplome de saída da vía

Albert chegando á R5, había que escalar nesta placa gris...

A foto artística dos maquinillas pirenaicos, un pracer compartir estas vías!!

O último longo antes da feixa, probablemente o máis bonito para escalar, atlético e de canto pero con conti, este non é tan obrigado coma o L2 e creo que neste o grao está correcto, 6b+. Un longo alucinante!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario