luns, 19 de setembro de 2011

Ordesa. Pared de la cascada: Gran diedro del 73



Novamente Ordesa. Habia tempo que non lle faciamos unha visita, sempre no obxectivo pero sempre co tempo secuestrado pola vida, ordesa escorregándonos entre os dedos… finalmente os astros puxéronse en liña e escapamos a durmir perto do parking para coller o bus pola mañanciña cedo. Era agosto e o parking estaba cheo, o turismo masifica algunhas zonas de forma incomprensible… esa noite foi en branco, os coches non paraban de subir e baixar, música horribilis, paraban a ver aos catro mataos que tentaban durmir ao pé da estrada, volvían arrincar o vehiculo para seguir a súa andaina nocturna, e nós, ao tanto de todos os movimentos, non pegabamos ollo...
Claro que isto non era suficiente para desviarnos dos nosos os planos… A idea inicial era ir facer a Somontano, á que Martin e eu lle tiñamos gaña desde había tempo,  pero como as cousas sempre teñen matices e o importante e gozar, finalmente mudamos de vía polo Gran diedro del 73, ao que tamén se apuntaron Gumi e Keko que viñan de Madrid a pasar un días polo Piri, a Somontano podía esperar! O Gran diedro del 73 non é das mellores liñas que se poden escalar en Ordesa pero é unha boa vía, tipicamente ordesiana, cunha primeira parte onde hai que buscarse a vida para seguir a rota e unha segunda máis fisica e tamén máis bonita, vía de aventura podería dicirse, de grao baixo (V+/6a), pero onde o grao importa menos que a dificuldade, e con algunhas seccións de rocha mediocre e de protección complexa onde andaremos atentos. En xeral unha boa rota de escalada tipical ordesa!!
Un bo bosquexo (croquis) desta vía podedes encontralo no blog dos Caracoles Majaras, trátase dun bosquexo feito por Pep Soldevila e publicado nun Vertex que foi mellorado cunhas anotacións, queda moi completo; unicamente lembrar que no L3, despois de cruzar ese espolón en travesia cara a dereita, tedes que seguir algo máis á dereita por unha zona marrón de rocha aparentemente rota, non vos metades no diedro que tedes diante, pola dereita, rocha marrón con aspecto roto, sen seguros pero fácil e a rocha  é bastante mellor do que aparenta, dixit. Tamén fixemos unha fotos.
Comezando a vía á esquerda do diedro máis marcado, Vº
Gumi nunha das múltiples repisas que nos atoparemos, estamos aínda nos primeiros longos
De novo Gumi, agora negociando un paso de V+ durante o primeiro tercio da vía
A foto subxectiva dos pés de Martin
O crack keko!! especime protexido de Ordesa!!
Antes de atacar a zona de teitos hai unha preciosa travesía.
atacando os teitos, o noso é o do medio, non esquezades!!
O longo que pasa por baixo do gran teito é o mellor de toda a vía
Gumi de novo nese fantástico longo, V+, detrás veñen Martin e keko!
Paso algo atlético neste mesmo longo, Gumi gozando!!
O seguinte longo tamén era bastante bo, Martin negocia esa zona de diedro fendido con mestría! V+.
Ao final dese longo comeza a aparecer herba, é o preludio do cumio! e aínda que o territorio é case vertical a herba non molesta  demasiado
O descenso polas clavixas de Cotatuero sempre é un goce máis do territorio Ordesa

Ningún comentario:

Publicar un comentario