martes, 13 de setembro de 2011

Barranco del fin del mundo

A vida ten cousas que non se poden entender aínda que chas dean ben masticadas, esta entrada é unha destas cousas. Martín tiña uns días de vacacións e eu tamén podía librar así que decidimos ir ao Naranjo, como eu andaba con intención de facer a Directisima o Martín deixouse liar; resultado: acabamos en Guadalajara, no Barranco del fin del mundo, facendo deportiva, he he. Ben, hai que dicir que daban mal tempo para Picos e foi unha solución de tipo Plano B, estamos grellaos pero tampouco tanto!! he he.

A verdade é que non foi un plano B, senon C, o plano B era Valdegovia, he he, pero falando con Josele coincidiamos os tres nesta zona de Guadalajara, máis quorum e máis risas, todo perfecto! Esta escola ten sectores aos dous lados do baranco, sombra á maña dunha banda e á tarde doutra, só fallou o tempo, que neste caso decidiu obsequiarnos cunha calor de xustiza divina, a partires das 11 da mañá comezaba a deixarse notar pero nos sectores de tarde había que suar a gota gorda, nada de apretar demasiado que che podía dar un espasmo en forma de doenza malevola e levarte para o lado de aló, si, ese onde hai 10 vírxenes esperándonos e ao que nós nunca queremos ir!! Finalmente algún día aínda nos xuntamos un bo grupo de xente, ata houbo baño no pantano... aínda que iso é outra historia... tias boas en biquini e tabletas de abdominais; aló van unhas fotos.

Josele abre o telón en Gelitracción, 6b+, sector Cuenca
Agora é Martin quentando en Cuarquier barbaridad, 6b, sector Cuenca
Seguimos no sector Cuenca, Josele asegura a Martin en La solana, 6c
Agora é Josele, apretando en La solana
Martin postureando... creo que a foto é nun 6c ou 6c+ do secor El Mirador
Neste barranco os superheroes tamén se apuntan a trepar, vailles a escalada en fenda!!
Martin chegando á reu de Super bock, 7a, sector Cuenca, fíxoa ao flash e sen despeitearse!!
De novo Martin, creo que esta era Los lemon, 7a+, sector La Selva
Comezando Suisidro, 7b, sector Tabardazo
Agora é o Martin, talonando no paso clave de Suisidro
Mikele pasouse a facernos unha visita e tamén apretou o seu, Hembra alfa, 6c, La selva.
Martin e un colega de josele (non me lembro de seu nome e el e súa compañeira eran uns mozos caralludos), en Vuelta a empezar, 6b, e Segunda parte, 6b+.
Pasando calor no sector Desplome, Josele pillame en Zorra del infierno, 7b+/7c, cunha entrada a bloque á que non lle vin nin color.
Outra toma dese bloque de entrada de Zorra del infierno
Sigo chupando cámara en Capitán gaucho, 7a, saíu a vista. Sector Cuenca
Esta é a imaxe que persigo, papá Martin é o perseguido, sempre marcado de perto pola Wanda, veremos que tal lle senta á nosa querida cadeliña a próxima chegada de Carlitos, que xa está pedindo acceso ao mundo exterior!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario