martes, 13 de setembro de 2011

Escarrilla. Peña Solano: via Sajuma

 Era verán e Pablo estaba en Biescas coa familia, os dous tiñamos un día para escapar a trepar e iso, neste mundo de tolos, é un privilexio que non se pode desaproveitar. A idea era facer unha vía no Midi d´Ossau pero, cando chegamos ao Portalet, ía unha néboa pechada que mollaba como se chovese, parecía xaneiro; con este panorama decidimos baixar e facer algo de deportiva, fomos a Los meses e tamén estaba todo mollado así que acabamos en Rampun onde xa ía un sol de xustiza. Despois de facer unhas vías a Pablo ocórreselle ir trepar unha rota equipada que hai enriba de Escarrilla, na Peña Solano.

 A vía chamase Sajuma e vai por un grande diedro que se pode ver perfectamente desde a estrada, ten 190 mts onde a maior dificultade está no primeiro longo de 6b+, segundo a guía, que a nós pareceunos algo máis fácil. Son en total seis longos que nós fixemos en cinco (empatando 5º e 6º) e nos que cómpre ir movéndose ben polo 6a; no último longo a guía marca unha saída en A0 que se fai en libre saíndo un pasiño como de 6b, onde a maior dificuldade é que a parte superior está sucia e costa un pouco incorporarse para saír. O croquis podedes consultalo sobre foto na Guía de escalada deportiva en panticosa, ed. barrabes. Tamén poño un enlace da mesma escalada no Blog de pablo. A vía está compretamente chapada pero, aínda que no blog etiquétoa como "deportiva en huesca", hai que saber manexarse na escalada de vías de varios longos. Lembrade levar dobre corda para a baixada e mellor de 60 mts, déixovos cunhas fotos da vía.

Pablo apretando nun 6c de Rampun
Primeiro longo da vía Sajuma, 6b+??, nos primeiros metros a rocha está algo rota pero logo mellora  e convértese nun longo precioso
Pablo no L2, 6a, onde a maior dificuldade é un teitiño onde, por enriba, hai unha sabina cortada que durante os rápeles se puxo rebelde e tivemos que volver subir ese longo para soltar o nó perfecto que se fixo nela
Chegando á R2
O L3 tiña unha saída da reu moi bonita, 6a
Pablo na parte final dese terceiro longo
Pablo de novo, agora comezando o cuarto longo, V+
O L5 e o L6 unímolos, na foto Pablo escala o diedro do quinto longo, despois hai algo de travesía ata a reunión pero con dúas cordas non hai rozamento e pódese continuar ata o final da vía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario