martes, 7 de decembro de 2010

Riglos: Escoria oriental + Mango del cuchillo + Fisura de la uña

O finde do 6 e 7 de novembro xuntámonos en Riglos unha ralea de colegas, desculpade as demoras co blog mais con isto de mudar de casa ando escaso de novas tecnoloxías, chegará o día no que conseguirei que me poñan internet, con calma… xa sabemos que este é un pais de pandereta así que imos tomalo de coña e respectar os monopolios dos amigos do poder. En fin… que eramos un bo grupo, non sei como conseguiron meterse todos no zulo no que vivo en Huesca, de Madrid viñeron Pablo, Alberto, Paco e Carlos, de Lleida Jesús, Yolanda e Albert, tamén se sumou o Martin aínda que el durmiu na súa casa, he he, non quedaba máis sitio no chan!!

Finde a tope de peña en Riglos, aínda así escalamos unhas cantas vías, eu encordeime co Martin e fixemos a Escoria oriental o primeiro día e o Mango del cuchillo unido coa Fisura de la uña o segundo. Ademais disto caeron a Vixente iñuxente, Todo tiene fin, Espolon arrabal, Curro Cuchillo e Espolón del adamelo, se quedamos dous días máis acabamos coas vías! Sobre a Escoria direivos que é unha boa vía ao estilo do Pisón, ten un cuarto longo que é, sen dubida, do mellor que se pode escalar en Riglos (e no mundo), o primeiro e o segundo longos poden unirse, e o quinto longo ten unhas panzas finais que son un bloque duro duro, de sacar as uñas para apretar vamos! O Mango del cuchillo soe facerse actualmente uníndose á Fisura de la uña, a primeira parte é unha escalada en fenda con boa rocha (é unha Rabadá/Navarro/Bescós/Montaner, así que hai que facela) e ten unha saída en desplome da Cueva del Palomar que se soe acerar, se pasas sen agarrarte, e sen as cintas postas, é que estás máis forte que o cabrales; a segunda parte (Fisura de la uña) son dous longos moi chapados e bastante rotos que non teñen demasiado interese, Para baixar do Mallo Cuchillo necesitades dúas cordas, non fagades caso da guía de Felipe Guinda que di que cunha pequena trepada se accede ao macizo posterior e se baixa andando como desde a Visera, mal asunto ese! Se queredes ver máis sobre este finde en Riglos visitade o blog de Pablo ou o blog de Jesús

Martin no primeiro longo da Escoria oriental, 6b

Carlos andaba cun macrozoom na cámara e facía estas fotos desde embaixo, parece que a parede está tumbada, he he.

Matín de novo, agora no segundo longo, 6b+, por enriba levabamos dúas cordadas pero iamos a un ritmo parecido polo que todo foi de libro.

O 4º longo da Escoria oriental é das cousas máis bonitas que podes escalar, 7a

O 5º longo é duro, todo vai ben ata as últimas chapas, a bloque! 7a+

Martín apretando para saír desta panza a bloque do 5º longo, 7a+

O "machine" no 6º longo, 6c, aínda que vos digan algunhas guías ou croquis que é 7a ..., nin de coña!

Ao chegar á cima do Pisón atopamos ao Paco que aseguraba no último longo a Pablo e Alberto, acababan de escalar a Vixente iñuxente, boa vía! Xa tiñamos compaña para a baixada!

Foto desde o chan de Alberto asegurando a Pablo e Paco no primeiro longo da Vixente

Carlos facía marabillas co Zoom, Alberto na 1ª reu da Vixente e outra cordada pola Murciana

Overbooking no Pisón, he he, mola cando non estás no medio!!

Flipa co zoom do Carlos, somos Martine e eu no último longo da Escoria... estamos xusto a 300 mts do chan!!

Ao día seguinte Matin encabeza a cordada polo Mango del Cuchillo, a foto é na Cueva del Palomar, é hai pombas!!

Boa foto que lle facemos ao Jesús na 1ª reu do Espolón Arrabal, saúda jesusiño!!

Martin asoma a súa simpatía saíndo da Cueva del Palomar, neste segundo longo fixemos unha saída "de cinta en cinta e pillo porque me toca", A0 a vista, nin que fose a primeira vez!!

Martín no 3º longo, V, boa "endrija"pola que hai que subir en fenda-diedro-cheminea, he he, adiviña a forma de escalala.

O primeiro longo da segunda parte, La fisura de la uña, 6b

Segundo e último longo, 6a, en total a vía ata a cima do Mallo Cuchillo sae en 6 longos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario