mércores, 8 de decembro de 2010

Murcia: Leiva, Mula e El Almorchón


Martin e eu levabamos tempo pensando nun finde de varios días en Murcia, Julian tiñanos os dentes afiados con Leiva e esa rocha de soños húmidos que só se dá en lugares escollidos, había máis de dous meses que tiñamos planificada a viaxe, Diego tamén se apuntaba desde Dolomitas, ben… Diego o primeiro, xa é medio murciano, esta vez trouxo un colega máis forte ca o vinagre, só hai que esperar a que se solte, Paolo, un tio ben majo que pouco a pouco se ía adaptando ao castelán e aprendendo neoloxismos do noso ideolecto particular, espero que non llos repita a ninguén, he he!!

Como o Murphy ese é un cabrón, en Murcia fai malo unha vez ao ano e tócanos a nós… aínda así escalamos todos os días. O primeiro día fomos a Leiva, Julian xuntou a un bo grupo de colegas que nos acompañaron, creo que todos son membros do “clube de fans de Rafaela Carrá”, boa xente, ademais de algo mataos porque viñeron pasar frío a Leiva por acompañarnos, hai que dicir que eles con ese día non subirían a Leiva nin cheos de viño. Finalmente Martin e eu escalamos La historia interminable, e Diego, Paolo e Julian a Eiger, as dúas van pegadas e mesmo comparten un longo, a Historia… é unha vía preciosa de placas e fendas verticais para soñar, a Eiger parece similar pero cun diedro final que cando o ves chámate como se se tratase dunha cervexa fresca baixo un sol de agosto; Genma e Miguel escalaron a Carnaval e Pedro e David a Carrillo Cantadella, ese día pasamos frío pero rapidamente fomos repoñer cunhas tapas, unhas cervexas e unhas risas.

Ao día seguinte chovía como se estivesemos en Compostela, a decisión foi visitar Mula e facer algo de deportiva, o sector Ferrari é desplomado así que aínda que chova pódese trepar, unha rocha excelente e unhas vías que merecen unha visita por si mesmas, outros sectores máis plaqueros como El Abuelo (equipado por Julian e Genma) teremos que volver para catalos cando non chova. Despois de Mula non deixedes de visitar o Balneario de Archena, o mellor do mundo e parte do estranxeiro, e non é coña!! Pola noite unhas birrras por Murcia, nós xa estamos maiores e imos para a cama cedo, Diego e Paolo deciden aproveitar a noite murciana e saudar a uns/unhas colegas.

Domingo pola mañá e aparece Julian no cuarto que comparto con Martin “vamos que saiu o sol, abride a xanela”, efectivamente! pensamos que El Almorchón pode estar seco porque é cara sur, Julian coñece unha vía boa nesta parede duns 200 mts. Quedamos con Miguel en El Almorchón, boa parede que parece ter moito por abrir todavía, a vía chamase Camino de verdad y vida, e que o nome non te confunda, no seu grao é posiblemente das boas vias que escalaras en España, persoalmente un 10 de vía, im-pre-sio-nan-te!! Foi aberta por Mavil Palop e sae en seis longos de 6a, 6b+/6c, 6a+, 6a, 6a e 6a+/b, o primeiro e segundo longos poden unirse comodamente, felicitacións para o aperturista por crear algo tan bonito. Diego botará de menos non facer esta vía pero non se pode facer todo!!. En fin… ás 17:30 saimos de El Almorchón e as 2:10 en Lugo e Martin para Huesca pegándose tamén o seu palizón, esta vez eu son algo culpable da súa paliza! como sempre gracias aos colegas por facer que esta vída sexa un auténtico pracer de vivir!! Fotos, fotos…
Martin ao pé da parede de Leiva, un tio "chiquitín" pero moi grande...

Comezamos os primeiros longos, Martin á dereita na Historia interminable e Diego á esquerda pola Eiger

Diego apretando no 2º longo da Eiger, 6c

Martin no terceiro longo da Historia..., creo que era 6a+, todos son placas boísimas, sempre vai aparecendo o xusto para pasar en libre.

Martin no penultimo longo da Historia..., un 6b+ precioso cunha fenda que nunca deixaba de ter canto pero que había que aguantar.

Diego entrando no diedro superior da Eiger, Julian e Paolo aseguran desde a reu, o especto dese diedro é alucinante.

Desde a cima puidemos facerlle a Diego esta foto alucinante no longo de saída da Eiger

Paolo saúda cunha soa man antes de tocar cima, un crack, temos que mirar de metelo no "clube de fans de Rafaela Carrá"!

Día de choiva con algo de deportiva, en Mula, sector Ferrari, a rocha é excelente, as vías non sei como se chaman pero son de quentamento, 6a/b.

Julián apretando en Hermana, un 7b precioso dos que se deixan facer

De novo en Hermana, esta vez é Diego o que apreta os dentes!!

Aproximación a El Almorchón, iamos facer Camino de verdad y vida (CVV) unha vía alucinante cun nome místico

Martin no noso 1º longo, 6b+/6c, realmente unimos os dous primeiros e faise perfectamente

Martin de novo, agora no noso 2º longo, un 6a+ de placa precioso

Desde a 1º reu (2º da vía) fágolle estas fotos a Julian apretando na sección dura do 6c

Segundo tempo de Julian crispando para chapar neste 6c declarado una das sete marabillas do universo

O noso 3º longo era unha travesia de 30-35 mts que literalmente te conducia ao paraíso dos orgasmos múltiples, 6a, na foto Martin gozando deste longo.

Outra foto deste longo, Miguel viña dicindo, ohh, ohh, que placer!!!!

Martin arranca no noso 4º longo, 6a, outra tirada preciosa

Martin de novo saíndo pola cima, era o noso 5º longo, 6a+/6b, outra marabilla que só viña a confirmar que esta é unha das vías que merecen a pena aínda que teñas que ir desde Galiza a facela, de novo felicitacións para o aperturista!

Ningún comentario:

Publicar un comentario