venres, 28 de xaneiro de 2011

Telera: corredor Maribel

Era dezaoito de xaneiro e aínda non viñera o frío, Martin e eu queriamos cascadas pero non había... a solución para pinchar algo eran os corredores, ademais de pinchar xeo as montañas teñen estas "arterias" para permitirnos subilas de forma natural, aínda que non sempre fácil, e ás veces con bastante exposición.

O Maribel estaba en perfectas condicións, excepto a cascada inicial que estaba bastante cutre, porén había neve abondo e bastante dura, vamos un pracer para pasar voando! O corredor ten bastantes cravos e encontraredes bos emprazamentos para os empotradores e os friends, tanto para asegurar como para facer reunións, só metimos un tornillo de xeo, pero iso dependerá da cascada inicial. Imos ver unhas fotos.

O primeiro resalte remata nesta cascada, había que meterse un pouco por rocha á dereita para logo saír pinchando na parte superior da cascada.

Martin saíndo da cascada inicial, como vedes había neve...

Entrando no segundo resalte... había múltiples destes pero veremos os máis salientables

Boa foto de martin saíndo doutro resalte máis... o máquina no me daba tregua e iame metendo caña, ademais por riba ían 5 tios, non me digas como fixeron pero tiraban de todo, non os collimos ata o último longo pero sabiamos que estaban aí polo que caía.

Outro resalte máis, o corredor estaba cómodo e moi divertido

O "chiquitín" de Vallecas aparece polo avismo de Hell, he he.

Último resalte con algo de mixto e bo xeo por riba para saír, acababamos de ver saír aos que ían por diante.

Foto de cumio, fomos relativamente rápido e baixamos polo corredor da Y destrepando, de coche a coche tardamos 7:30h

Ningún comentario:

Publicar un comentario