luns, 1 de novembro de 2010

Riglos conection: Carnavalada +Todo tiene fin

Había tempo que non trepaba co Tino pero esta vez a conexión funcionou, veu pasar un par de días a Huesca e decidimos que Riglos era un bo plan e o tempo, aínda que xa comezaba a friaxe, parecía que nos ía a respectar. Volver escalar con Tino sempre é un pracer, foron algúns metros de rocha e xeo compartidos, e moitas aventuras de frío e dúbidas, de cabreos e solidariedades, de compartir as ledicias e frustracións que este deporte nos depara, en fin… unha vez máis! esperemos que se repita de cando en vez.

O primeiro día escollimos a Carnavalada, boa vía rigleira que eu repetía, cun longo espectacular (a raia branca) que se pode acerar porque mantén os buriles orixinarios, e dous longos superiores preciosos das panzas típicas de Riglos. O segundo día escalamos Todo tiene fin, outra vía típica de panzas, á dereita dos Volaos, algo menos picante que a anterior e que se fai en cinco longos, para min unha das mellores vias “curtas” de riglos, rápida e gozosa, boa vía para descubir Riglos aos que non teñan escalado moito nestas fermosas tapias. Hai van unhas fotos.

Primeiro longo da Carnavalada, 6a, o tinillo en acción nesta estupenda imaxe saíndo da Cueva de la Virgen

Agora no paso clave do 2º longo, 6b+, iamos pillando altura.

No tereceiro longo, 6a, enriba vese o desplome por onde segue a vía pola "raia branca"

Tino arranca no cuarto longo da Carnavalada, V+, xa preto da entosta onde comezarían as dificuldades

A "raia branca", 7b, longo interminable e espectacular, o grao non é obrigado e pode acerarse todo porque mantén os buriles orixinais (este longo cansa mesmo acerando!!) Para escalalo en libre, se non es un inhumano, estaría ben preparalo con cintas longas para ir buscando o itinerario, ademais ten verdairas escursións entre paraboles.

Unha visión desde enriba do mesmo longo, Tino na cómoda reunión da entosta

Na canle de saída hai dous longos de 6c+/7a coas múltiples panzas rigleras, Tino apreta os dentes para saír dunhas delas e alcanzar a nosa penultima reunión antes da címa.

Na cima, contentos pola escalada vemos como asoma o Fire á nosa dereita.

Ao día seguinte imos á Todo tiene fin, Tino sóltase a melena para escalar o segundo longo, 6a/b.

Agora son eu o que escala o segundo longo cos Riglos aos meus pés

Tino no terceiro longo desta bonita vía, 6a/b

De novo Tino negociando panzas no cuarto longo, 6a/b.

O último longo, 6a, sempre con sabor riglero, marca o comezo dos rapeles que se poden facer cunha soa corda de 60 mts.

Ningún comentario:

Publicar un comentario