venres, 18 de xuño de 2010

INDIAN CREEK: Jam session no oeste americano


-->
Deserto de Moah, sureste de Utah, aquí a area convertiuse en Sandstone (arenisca), nunha paisaxe única, adoptando múltiples formas e densidades en paredes maioritariamente verticais. En Indican Creek, e arredores, a rocha descubriu na fenda a súa característica principal, miles de fendas escaladas e outras tantas por abrir, estas cracks (fendas) son, en moitos casos, como se un lóstrego abrise a rocha de forma perfecta, son fendas paralelas circulando por paredes na súa maioría completamente lisas. Esta característica, unida á alta concentración de fendas da zona, fai de Indian Creek a mellor zona do mundo para este tipo de escalada.


-->
Subir estas vías supón unha apretada continua, o camiño da fenda é duro, moi duro en Indian Creek, o grao non ten demasiada importancia, só é unha arientación, o importante é o tamaño das mans e dos dedos e a fórmula que escolles en cada parte da fenda, empotras de frente ou vas en bavaresa, agora cerrojo (jam) de dedos, despois unha man empotrada e outra en oposición, os pés na fenda con pasos longos e grandes brazadas nesta sección para subir rápido e sen consumirte, a man non entra neste punto, logo a fenda abre e o empotre é de puños, hai dor, paras a meter outro friend, volve entrar a canón, só che quedan dous do tres, hai que economizar ferralla, segues rápido, máis dor ao retorcer a man, os pés esvaran con facilidade, metes outro friend e… cólgaste destrozado porque unha vez máis a loita fundiute, quitoucho todo nuns metros e a cadea sempre está superlonxe. Son vías moi fisicas e escalar a vista é bastante duro na maioría dos casos, porén é habitual facer poleas en Indian Creek, sobes como podes colgándote da ferralla e logo daslle algúns pegues, tamén podes deixar os friends colocados para aforrar “recursos”; non te cortes por facer un top rope, isto é normal en Indian Creek.


-->
A viaxe foi curta, 15 días que che deixan sabor a pouco, Martin e eu abducidos polas fendas de arenisca, el xa levaba outros 15 dias de parques e algo de deportiva coa Mari, Manuela e Pamela, elas marcharon e chequei eu, boa viaxe se pegou o maquinilla! Finalmente só paramos un día e fixemos turismo polo Arches National Park, tamén lle fixemos unha visita ao deserto de Moah para facer unha vía nas Fisher Towers e outra na Catleton Tower. Voamos a Las Vegas e aló alugamos unha autocaravana (bautizada como “El Troncho”), paradiña en Red Rocks (ao pé de Las Vegas) para facer un día de deportiva e catar esa arenisca vermella, logo viaxe pola Interestatal 15 en direción a Salt Lake City e Interestatal 70 direción Denver, todo a ritmo da emisora de radio Classic Rock, que non paraba de pinchar a Fogerty, Lynyrd Skynyrd, Jimi Hendrix, Led Zeppeling… ao pillar a estrada 191, en dirección a Moah, a sintonía pérdese en canto te moves cara Indian Creek pero lígase outra xoia coa que pasamos a maior parte do tempo en Indian creek: Canyon Country. Deste xeito, entre fenda e fenda, vivíamos entre ritmos countrys e rockeros con bastante comodidade grazas ao “troncho”, porque en Indian Creek non hai máis ca rocha, pó e algúns mataos coas mans destrozadas polas fendas, aínda que neste caso eu estaba na mellor compaña, ademais cos yankis a cousa non podia ir mellor, en Indian Creek a xente ten un rollo excelente e o “troncho” tiña bo frigorífico e ia cargado de birra; non había queixa!!


-->
Nas Fisher Towers escalamos a Ancient Art que ten unha vía faciliña de nome Stolen Chimmey, escalar nas Fisher é toda unha esperiencia porque máis ca area son de lama, é unha rocha superbranda da que non te podes fiar en absoluto, mete medo, a vía que fixemos é das poucas que se repite habitualmente por fácil, segura e moi fotoxénica. Na Castleton Tower escalamos unha vía clásica chamada Kor-Ingalls Route, interesante vía de fendas, chimemeas e off-widths, que é o típico na zona porque todo é de meter cacharros, pelexar como un garrulo coas fendas apretando os dentes e arrastrándote polos empotres, unha clásica en toda regra!


-->
Para rematar cómpre facer algunhas consideracións sobre estas fendas. Indian Creek é o primeiro sitio do mundo no que trepo onde o tamaño das mans importa moito, podes pasar relativamente cómodo ou sufrir coma un cocho un día de matanza. Se son fendas de dedos e non che entran sae correndo porque nin te podes imaxinar como se sube nin como se protexe. Se che entran os dedos vale, son duras (de 5.11 para arriba), se podes ir en bavaresa fantástico, aínda que se protexe fatal porque non ves o que metes, se tes que ir de frente son cerrojos moi duros. Se son fendas anchas para dedos e estreitas para mans (off-fingers) mal asunto, terás que buscarte a vida ou subir usando os inmundos ring locks (cerrojo entre o dedo gordo e o índice), duras e dolorosas. As fendas de man estreita xa son máis asequibles, todo depende do que entre a man, e os pés xa comezan a funcionar algo máis ca nas fendas estreitas. As de man son as mellores, entra a man enteira e algún que outro empotre parece un cazo, aínda que tamén son moi físicas. Se a fenda é de man ancha o empotre é máis doloroso pero aínda se progresa decentemente. As de puños volven a meterte en terreo cabrón, non dan seguridade e os pés van folgados, mal asunto. Dos off-width mellor nin falar, se o camiño da fenda é duro o do off-width é para adicarte ao surf, só se tes moitas gañas porque probablemente sairás humillado, dolorido, rascado e con vontade clara de tardar en meterte noutro marrón así. Escalar en Indian Creek é toda unha experiencia, a escalada non se parece a nada do coñecido por aquí, é tan especifico que por moitas fendas de granito que escales cando chegues a Indian Creek terás que desviar a túa tecnica e ler a fenda dun xeito diferente. Facer unha escolla de fotos non foi nada fácil, espero que as que veñen a seguir vos dean unha idea do tipo de escalada que se practica nesta peculiar zona de norteamérica.

Mari e Martin no Grand Canyon. Pasáronse 15 dias de rule fantástico e algo de deportiva por Nevada, Utah e Arizona antes de que eu chegase.

Indian Creek, un lugar para soñar e doutorarse en fendas

A nosa primeira vía en Indian creek, aquí descubrimos que o camiño da fenda ía ser duro, na foto escalando The naked and the dead (5.8) no sector Donnelly Canyon

Ao lado hai unha Variante que se soe facer en polea porque na parte inferior non entra case nada (5.11). Martin apreta o dentes nesta fenda de dedos
Seguimos descubrindo este novo universo da escalada no Donnelly Canyon, agora en Chocolate corner (5.9), empotre de mans finas

Máis no Donnelly Canyon, esta é Binou´s crack (5.9), unha fenda dobre preciosa.

Agora Martin, de novo en Binou´s crack, había que apretala pero esta era das que se deixaban

O Crack-man Martin, especime trepador, refrescando os pés con esa patraña salvaxe do caribe e, como non, apretándose unha budweiser, birra oficial da expedición. O "troncho" mola eh?

Palabras maiores, Supercrack (5.10) no Supercrack Buttress, a escalada que o cambiou todo en Indian Creek. A primeira ascensión fíxose con excéntricos porque aínda non existían os friends, alucinante!

Martín facendo unha polea en Supercrack, é unha vía máis dura do que parece, longa e continua.

Uns cataláns que atopamos o último día tamén foron probar a Supercrack, fixémoslle esta foto desde a estrada

Moitas fendas de Indian Creek non teñen nome pero non por iso deixan de ser boísimas, Martin comezando Unnamed (5.10) no Supercrack Buttress

Boa foto dunha cordada yanki apretando en The Wave (5.10+) no Supercrack Buttress

Martin soluciona a sección dura de Elephant man (5.10), de novo no Donnelly Canyon

Unha fenda curiosa, bavaresa de friends grandes e fenda de mans irregular e case en travesía, trátase doutra Unnamed (5.10), tamén no Donnelly Canyon

Para rematar o día no Donnelly Canyon escollimos "o Peor", vaia arrastrada!! Chámase The Drainpipe (5.10) dura e dolorosa.

Ao día seguinte iamos mudar de sector pero pola mañá tiñamos as mans tan inchadas e doloridas que decidimos tomarnos un descanso, así que visita ao Arches National Park, na foto o Double Arch. Foi o único día de descanso

Esa mesma tarde fomos durmir ás Fisher Towers para trepar unha vía ao día seguinte, impresionantes! A rocha é moi diferente a Indian creek, aquí todo parece lama endurecida. No primeiro plano vemos The Titan

Esta torre chámase Anciant Art, é o noso obxectivo por unha vía faciliña e moi feita que se chama Stolen chimmey (5.11). Na cima vese o peculiar sacacorchos que subiriamos ao dia seguinte

Martin no primeiro longo da Stolen chimmey (5.11), o grao non ten nada que ver co que hai en indian Creek

Martin no terceiro longo (5.10+)

Escalando o famoso "sacacorchos" no que remataba a vía.

Boa foto que me fixo o Martin na cina deste impresionante monolito, á rocha da cima quédanlle tres telediarios!

Foto do Martin na cima, ia moito aire e aquel era un sitio desapacible onde podías saír voando

O primeiro plano é da Cobra, curisidades desta arenisca! Ao fondo, a torre solitaria da esquerda é a Catleton Tower, o outro obxectivo que tiñamos para o día seguinte.

Martin no "troncho", en USA as autocaravanas veñen full equipe, TV, DVD, microondas... esa noite vimos un vídeo, mellor ca na casa!!

Foto da Castleton Tower desde o primitive campground, ao día seguinte iamos escalar a Kor-Ingalls route (5.10), un sistema de fendas, chimeneas e off-width da cara sur. Estabamos no Castle Valley, un lugar realmente precioso

Primeiro longo da Kor-Ingalls route (5.5), unha sucesión de bloques e algunha chimenea fáciles

Martin no segundo longo (5.9), dobre fenda na que había que apretar, ademais na rocha había seccións cunha calcita branca que era tan esvaradiza coma o mármol

O terceiro longo (5.10), longo de off-width cunha saída patinosa sobre calcita que che tanteaba os nervios.
Martin na parte final do terceiro longo, uns metros máis e reunión.

Martin comezando o último longo, a nosa vía íase á dereita por unha pequena chimenea pero como o crack-man non tiña bastante pillou a variante que ten este longo e saíu de frente pola fenda (5.9)

Rapel pola cara norte, ia moito aire e estaba máis protexida, ademais de ser máis vertical e máis difícil que a corda se enganchase. Pódese rapelar cunha corda de 70 mts sen problemas.

O "troncho", a nosa mellor aposta! ademais de levar as birras ben frías tamén cruzaba ríos.

Volta a Indian Creek, o noso paraíso nos States!! Martin queimando pel en Cal and Andy´s route (5.10+) no sector Battle of the Bulge. A panza de chegada á cadea era máis dura co diamante!!
Outra vía mítica, sempre á sombra, The Cave route (5.10+), bavaresa continua desde embaixo dentro dunha especie de cova, tamén no Battle of the Bulge

Ambiente en the Cave, o sol tostaba moito e esta impresionante laxe apoiada contra a parede mantiña unha temperatura boísima dentro.

Boa foto en Where´s carruthers (5.10) so sector Scarface Wall

Outra clásica con personalidade, Scarface (5.11-) unha fenda de man e man estreita preciosa, hai que ir fino de pés porque esvaran facilmente. A este tipo de fendas nas que vas con mans e pés pola fenda chámanlle "spliter"

Boa e traballada foto do Martin en Scarface, como só eramos dous sacar fotos fóra do punto de vista do que asegura era complexo se non había ningún escalador preto, esta deunos algo de traballo.

De novo Martin meténdolle unha polea a Scarface, que fenda máis boa!!

Outra fenda dobre moi boa, chámase Dirt cheap (5.10+), tamén no Scarface Wall

Martin currándose, e nunca mellor dito porque había que darlle duro, outra Unnamed (5.10-), fenda desde man fina ata dedos coa que rematamos o día destrozados

A ferralla! importante ir "cargado" en Indian Creek, incluso máis do que indican as guías, a que se ve na foto é a 2ª edición da guía de David Bloom, a máis completa da zona, bastante boa e cunha edición excelente.

Chegando ao teito de 4
-->×4 (5.11-) no sector 4 -->×4 Wall, vía dura de man fina a man grande cun teito que só se pode negociar en bavaresa
Martin dándolle un pegue máis a esta clásica de Indian Creek, 4
-->×4.
Martin ataca cos micros en Take (5.10) no 4×4 Wall

Outra foto en Take, agora facendo unha polea, boa vía, tamén era das que se deixaban

Un spliter duro duro, Tranny troube (5.11) tamén no 4×4 Wall

O último día voltamos ao Supercrack Buttress para facer esta clásica, por algo estaba sempre ocupada, foi o mellor empotre de mans que escalamos en Indian Creek, unha vía fantástica: The increible hand crack (5.10)

Martin dándolle outro pegue máis a The increible hand crack, parece que lle molou porque lle deu uns cantos!

A nosa última vía en Indian Creek, outra clásica, Blue gramma (5.11) no sector Blue Gramma Cliff, empotre de mans e bavaresa cunha saída algo esvaradiza

Tamén fixemos algo de deportiva, isto é en Red Rocks, no sector Second Pullout en Calico Hills, a vía chámase Psychobilly (5.11a)

Ambiente no sector Second Pullout, era o único que había á sombra en Calico Hills, a esa hora e en Red Rocks, estás no puto deserto de Las Vegas, como para porte ao sol!!

Outor sector na zona de Calico Hills (seguimos en Red Rocks), este chámase Sandstone Quarry e a vía, que era bastante boa, chamábase Under the Boardwalk (5.11a)

Seguimos no Sandstone Quarry, neste caso en Geometric progression (5.12b), tiña un paso de bloque obligado, onde está o Martin, que era inmundo.

Xa de volta de Indian Creek paramos en St.George, nun sector ao lado da estrada que se chama Chucawalla Wall, fixemos varias vías que non sei nin como se chaman nin o grao, e había vías boas!

Antes de coller o avión pasamos un día e unha noite en Las Vegas, é toda unha experiencia... pero só para un día, sodoma e gomorra, aquí todo é ao grande!

2 comentarios:

  1. Joder qué fotazos!, qué envidia de viaje, no sé si tanta fisura... lo de red rocks, tiene mejor pinta, más disfrutona. Envidia cochina la mia.
    abrazotes MASTER. Pablo

    ResponderEliminar
  2. Pablin!!! Un año de estos repetimos por la zona con los enanos, es más fácil que lo de Kenya.

    ResponderEliminar