xoves, 22 de abril de 2010

BOSQUEXOS (TOPOS)


 DEPORTIVA DE INICIACIÓN EN LUGO:
 Canteira O Veral.

O outro día fun con Manu ata o Veral e escalamos todo menos os dous últimos bloques que non demos encadeado. Penso que este bosquexo lle fai honra ao lugar, só para iniciados que queiran soltar a resina ou despistados coma nós.



 PICOS DE EUROPA. PEÑA SANTA:
 El reino de León.
Algo así vin eu a rota


Engado o fantástico bosquexo que se currou Richar e que podedes ver en trepadas, xunto cunha descrición por longos



 A PENEDA:
 Autopista.

Bosquexo con todo o necesario para facela


 PEÑA UBIÑA. CARA NORTE:
 Segis.


O bosquexo da rota aberta en condición deplorables!

E polo mesmo prezo... un bosquexo panorámico de todas as rotas desta parte da cara norte!
Ir á entrada no blog



 PORTS DE BESEIT. MOLA DELS BIERNETS (O):
 Furia obrera.

Bosquexo necesario!
Ir á entrada no blog








 PEÑA BOVÍN (Tozal del Vero):

 No se lo digas a nadie
Así a vimos nós!


Identificación da via sobre a parede!!
Ir á entrada no blog



 PICU URRIELLU. CARA LESTE
 El vuelo del dragón VS Cainejo

Comparativa das ´dúas rotas para non se equivocar






 MIDI D´OSSAU. CARA SUR
 Flipp Matinal


Cómpre non se perder!!!

Ir á entrada no blog 




 SERRA DA PENEDA. MEADINHA
 Treboada
 

Preciosa vía cunha saída curiosa!



 PEÑA RUEBA. MALLO LA CALVA
 Macondo.

Das boas rotas deste mallo!!




 PEÑA RUEBA
 Repisas herbosas.

Outra das boas deste mallo!




 RIGLOS. MALLO CHICO (circo de verán).
 Síndrome de Down.
 
Interesantes  primerios longos


 COVAS. PRESA DE PENARRUBIA.
 Espolón Fiz-Roi.


O bosquexo
Bosquexo de aproximación
  Ir á entrada no blog




ORDESA. TOZAL DEL MALLO.
 Fisura Picazo

Impresionante rota






 RIGLOS. MALLO PISÓN
 Superchooper (Chooper + Chooperior)

A mais cómoda para subir ao pison pola parede sur.



 RIGLOS. MALLO FIRE
 Vía de las fisuras

Boa vía
Ir á entrada no blog



 
RIGLOS: MALLO PISÓN (circo de verán)
RESTAURADA A DIRECTA ANGLADA-GUILLAMÓN

Enorme clásica medio desfigurada


 PICOS DE EUPOPA. HORCADOS ROJOS.
 VÍA: Carolina

Carácter co selo Cholos!


A PENEDA. MEADINHA.
VÍA:  "S" + variante de saída

A "S" unida á variante de saída necesaria!



RIGLOS: LA VISERA
SHACKLETON

Fantástico debuxo-bosquexo cortesía de Armand Ballart

Ir á entrada no blog 
O bosquexo orixinal
--------------------------------------------------------------------------------------------------------

RIGLOS. MALLO FIRE
VÍA: RABADÁ-NAVARRO (Espolón S.E.)

Imprecindible un bo bosquexo, este serve! Se queredes unha descrición por longos podedes porvos en contacto sen problema!
-------------------------------------------------------------------------------------------------------
 

RIGLOS: PISÓN
VÍA: HECHIZOS DEL VIENTO (Ata as viras de acceso ao collado do Puro) 
Clásicas con personalidade


Ir á entrada no blog
-----------------------------------------------------------------------------------------------------






MIDI D´OSSAU
VÍA: SURESTE DIRECTA

Parece un borranchón pero é o bosquexo definitivo desta gran clásica. Describeo todo!!
----------------------------------------------------------------------------------------------------

PEÑÓN DE IFACH
VÍA: MARE NOSTRÚM
Gran vía!

Ir á entrada no blog
---------------------------------------------------------------------------------------------------

RÍAS BAIXAS. CASTRO DE BAROÑA
ESCALADA DEPORTIVA NA PENÍNSULA DO BARBANZA

Déixovos un enlace onde podedes ver un pdf cunha pequena guía que fixen da escola de escalada do Castro de Baroña, situada nas rías baixas da costa galega, entre Noia e Ribeira. Unha pequena escola que só aporta interese de xeito local pero, se pasades pola zona, paga a pena visitala aínda que só sexa por coñecer ese paradisíaco lugar.




---------------------------------------------------------------------------------------------------

RIGLOS: MALLO PISÓN

VIA: MISIÓN CUMPLIDA
 Todas as vias de Edu podedes velas visitando http://edupicapiedres.blogspot.com.es/
De novo Edu facendo das súas, esta vez no Pisón, en varios ataques que comezou no 2005, a maioría en solitario, excepto un par de longos, logo preparouna para subir en libre só con cintas, un viote, outra xoia rigleira, haberá que ir probala! Noraboa titán!!!
NOTA: o sexto longo, na 1ª repetición que xa fixeron, negociárono por outro lado e baixa o grao de 7a a 6b+, de momento non saltaron bolos novos, cuestión de sorte!!
Publicado o 14-VI-2010

Un mes despois escaleina con Toño e a sensación foi boa, a vía ten coma dúas partes ben diferenciadas, os 4 primeiros longos máis duros pero moi ben equipados e os 5 últimos están equipados pero máis de aventura, tipo Nautla, e con pasos obrigados. De todos xeitos é unha boa vía para o verán.




PEÑA UBIÑA: ESTE DOS CASTILLINES
VIA: O SEÑOR DOS FÍOS
Recupero unha ruta aberta hai anos que se publicou no Desnivel nº 198, a vía abrímola por casualidade Antonio García, Arturo "Segis" e mais eu un 10 de febreiro de 2003. Na foto escaneada do Desnivel tedes toda a información para facela, unha vía rápida e sinxela para gozar dun día divertido.

 


PEÑA UBIÑA: CARA NORTE
VIA: Directa das luvas (VARIANTE DAS LUVAS)
Sigo recuperando algunhas rutas de hai anos. Neste caso trátase dunha variante, con identidade propia, da Arrieta/Pomeda que abrimos Arturo (Segis) e un servidor durante uns días de entroido do 2002 no que nos dedicamos a escalar todas as rutas invernais desta cara asturiana de Ubiña. No Desnivel 189, que deixo escaneado, tedes toda a info, alén da variante de saída propia para a Rebelión de los débiles, ruta aberta por Tino Taín e Raúl Torres un ano antes. Finalmente, ao ser unha variante, esta rota polularizouse como Variante das luvas.






MACIZO DO MAMPODRE. PEÑA DEL MEDIODÍA: CARA NOROESTE
VIA: Maraña
Xa que ando recuperando pois agora vai unha na Peña del Mediodía, aberta no 2004 con Luís Agregán e Óscar Seoane, como alternativa á falta de condicións na Dama Blanca, pasamos un bo día. No Desnivel 213, que deixo escaneado, tedes toda a info. Trátase dunha ruta idónea para iniciarse na montaña invernal máis non a infravaloredes, dependendo das condicións nalgún tramo costa asegurarse, non esquezades levar algún pitón.






2 comentarios:

  1. Hay condiciones para los recios !!, muy buena la Segis !!! y la recuperacion de topos perdidas tambien.
    Enhorabuena!! a la libreta !!!!

    ResponderEliminar
  2. Gracias Fernando! espero que la disfrutes... y mejor esperar otras condiciones porque realmente así la cosa está recia, he he, un abrazo titán!!

    ResponderEliminar