xoves, 22 de abril de 2010

BOSQUEXOS (TOPOS)

 

 PENENDO DO GARABULLO

Escalada Deportiva

Podedes ir á ENTRADA NO BLOG e descargar un PDF cos bosquexos. Iranse actualizando sectores neste mesmo documento

 

 

 ALPES. CHAMONIX.

Travesía Midi-Plan

Montaxe sobre outro bosquexo intentando reflectir a parte do Rognon de Plan que non se ve, na vertente do glaciar de Envers du Plan

Esta é a parte que non se ve do Rognon de Plan



TREVINCA. FERVENZAS DO LAGUNALLO:

Bosquexo de todas as vías


Espero que este bosquexo axude, lugar privilexíado máis de xeo incerto.

 

 

 

TREVINCA. FERVENZAS DO LAGUNALLO:

Dry-tolos

 

Brutal este pequeno circo ao que chaman O Fornón

 

 

 

A PENEDA:

Apláudeme nena

 

Persoalmente pareceume demasiado expo innecesariamente. Non a recomendo!

 

  

A PENEDA:

Directa dos Teitos

 


 

  

PENAS DE PRAO

Tubullar Bells

 

Topo cortesía dos aperturistas

 

 

PENAS DE PRAO

Almuzara

 


  


PENAS DE PRAO
Vías da Collada

 

Bosquexo xeral que contén o necesario para facer as vías.



BELSUÉ. situación das vías

PAREDE DE CIENFUÉNS

 

A situación das rotas en Cienfuéns, espero que vos sirva porque ás veces costa descubrilas.       Novembro 2021



PENA TREVINCA. LA BAÑA:
Llongueradas

Posiblemente unha nova vía resultado da tempada de frio intenso deste inverno!



RIGLOS: LA VISERA
Popeye




TAILLÓN: CARA OESTE.
Corredor Central





ORDESA. PARED DE LA CASCADA: 
Géminis

 

Como ningún bosquexo nos enamorou fixen este pensando en que cumpra coas necesidades de tod@s os que vaiades escalala. Lembrade que é grao Gálvez: os V+ parecense máis a 6b!!! he he!!

 

 

PEÑA RUEBA. MALLO LA CALVA: 
Vías da cara sur

Algunhas das mellores de Peña Rueba están, sen dúbida, no Mallo La Calva. Habia tempo que fixera este bosquexo e agora coido que é o momento para que sigamos dándonos envexa mutuamente con espazos de liberdade, he he!! Para lembrar que isto foi durante o confinamento!




MACIZO DO MAMPODRE. PENA DO MEDIODÍA (noroeste)
 Maraña

 
Recupero unha apertura do ano 2004 que pasou sen moita sona. Con motivo do II Encontro de Alpinismo fixen un bosquexo máis elaborado para sacala do esquecemento. A vía é interesante porque alén de ser divertida no seu grao, e sendo unha vía nun lugar precioso, cómpre non collela completamente á lixeira debido a que, dependendo das condicións, pode haber algunha sección onde haxa que currarse un pouco a protección, por iso se recomendan os pitóns no bosquexo. Que a gocedes!!



 SERRA NEVADA. CORRAL DO VELETA:
 El laberinto de Minos .


 
Via de navegar moi interesante, algo máis picante do que indica o bosquexo pero non por ser moi obrigada, hai que buscala nalgún punto e buscar a protección noutros, alén de movernos con coidado nalgún lugar de rocha mediocre. Recomendable.


 SERRA NEVADA. CORRAL DO VELETA:
 Cristal oscuro.


 
Boa vía na que se escala por riba dos 3000 mts nun lugar de excepción. A primeira, segunda e cuarta tiradas son ben bonitas, principalmente se temos en conta o tipo de rocha que domina este murallón!! Merece a pena, moi recomendable!!





 ALICANTE. TOZAL DE LEVANTE:
 Rockabilly.


Magnífica via que supera intelixentemente a barreira de teitos do Tozal pola parte dereita, placas preciosas e desplomes con canto nunha rocha moito mellor do que, en principio, aparenta. Moi recomendable!
A guia para duros/as de tarro... os seguros están postos ao meu rollo pero penso que será moi interesante para aclarar conceptos, coido que axudará!!



 DEPORTIVA DE INICIACIÓN EN LUGO:
 Canteira O Veral.


O outro día fun con Manu ata o Veral e escalamos todo menos os dous últimos bloques que non demos encadeado. Penso que este bosquexo lle fai honra ao lugar, só para iniciados que queiran soltar a resina ou despistados coma nós.



 PICOS DE EUROPA. PEÑA SANTA:
 El reino de León.


Asi vin eu a rota. Penso que este bosquexo ten todo o necesario!

Engado o fantástico bosquexo que se currou Richar e que podedes ver en trepadas, xunto cunha descrición por longos



 A PENEDA:
 Autopista.


Bosquexo con todo o necesario para facela


 PEÑA UBIÑA. CARA NORTE:
 Segis.



O bosquexo da rota aberta en condición deplorables!

E polo mesmo prezo... un bosquexo panorámico de todas as rotas desta parte da cara norte!
Ir á entrada no blog



 PORTS DE BESEIT. MOLA DELS BIERNETS (O):
 Furia obrera.


Bosquexo necesario!
Ir á entrada no blog








 PEÑA BOVÍN (Tozal del Vero):
 No se lo digas a nadie
Así a vimos nós!


Identificación da via sobre a parede!!
Ir á entrada no blog



 PICU URRIELLU. CARA LESTE
 El vuelo del dragón VS Cainejo


Comparativa das dúas rutas para non se equivocar






MIDI D´OSSAU. CARA SUR
Flipp Matinal



Cómpre non se perder!!!

Ir á entrada no blog 




 SERRA DA PENEDA. MEADINHA
 Treboada

 

Preciosa vía cunha saída curiosa!



 PEÑA RUEBA. MALLO LA CALVA
 Macondo.


Das boas rotas deste mallo!!




 PEÑA RUEBA
 Repisas herbosas.


Outra das boas deste mallo!




 RIGLOS. MALLO CHICO (circo de verán).
 Síndrome de Down.

 
Interesantes  primerios longos



 COVAS. PRESA DE PENARRUBIA.
 Espolón Fiz-Roi.


O bosquexo
Bosquexo de aproximación
  Ir á entrada no blog




ORDESA. TOZAL DEL MALLO.
 Fisura Picazo


Impresionante rota






 RIGLOS. MALLO PISÓN
 Superchooper (Chooper + Chooperior)


A mais cómoda para subir ao pison pola parede sur.



 RIGLOS. MALLO FIRE
 Vía de las fisuras


Boa vía
Ir á entrada no blog



 
RIGLOS: MALLO PISÓN (circo de verán)
RESTAURADA A DIRECTA ANGLADA-GUILLAMÓN


Enorme clásica medio desfigurada


 PICOS DE EUPOPA. HORCADOS ROJOS.
 VÍA: Carolina


Carácter co selo Cholos!


A PENEDA. MEADINHA.
VÍA:  "S" + variante de saída


A "S" unida á variante de saída necesaria!



RIGLOS: LA VISERA
SHACKLETON


Fantástico debuxo-bosquexo cortesía de Armand Ballart

Ir á entrada no blog 
O bosquexo orixinal
--------------------------------------------------------------------------------------------------------

RIGLOS. MALLO FIRE
VÍA: RABADÁ-NAVARRO (Espolón S.E.)


Imprecindible un bo bosquexo, este serve! Se queredes unha descrición por longos podedes porvos en contacto sen problema!
-------------------------------------------------------------------------------------------------------
 

RIGLOS: PISÓN
VÍA: HECHIZOS DEL VIENTO (Ata as viras de acceso ao collado do Puro) 

Clásicas con personalidade


Ir á entrada no blog
-----------------------------------------------------------------------------------------------------






MIDI D´OSSAU
VÍA: SURESTE DIRECTA


Parece un borranchón pero é o bosquexo definitivo desta gran clásica. Describeo todo!!
----------------------------------------------------------------------------------------------------

PEÑÓN DE IFACH
VÍA: MARE NOSTRÚM

Gran vía!

Ir á entrada no blog
---------------------------------------------------------------------------------------------------

RÍAS BAIXAS. CASTRO DE BAROÑA
ESCALADA DEPORTIVA NA PENÍNSULA DO BARBANZA


Déixovos un enlace onde podedes ver un pdf cunha pequena guía que fixen da escola de escalada do Castro de Baroña, situada nas rías baixas da costa galega, entre Noia e Ribeira. Unha pequena escola que só aporta interese de xeito local pero, se pasades pola zona, paga a pena visitala aínda que só sexa por coñecer ese paradisíaco lugar.




---------------------------------------------------------------------------------------------------

RIGLOS: MALLO PISÓN

VIA: MISIÓN CUMPLIDA
 Todas as vias de Edu podedes velas visitando http://edupicapiedres.blogspot.com.es/
De novo Edu facendo das súas, esta vez no Pisón, en varios ataques que comezou no 2005, a maioría en solitario, excepto un par de longos, logo preparouna para subir en libre só con cintas, un viote, outra xoia rigleira, haberá que ir probala! Noraboa titán!!!
NOTA: o sexto longo, na 1ª repetición que xa fixeron, negociárono por outro lado e baixa o grao de 7a a 6b+, de momento non saltaron bolos novos, cuestión de sorte!!
Publicado o 14-VI-2010

Un mes despois escaleina con Toño e a sensación foi boa, a vía ten coma dúas partes ben diferenciadas, os 4 primeiros longos máis duros pero moi ben equipados e os 5 últimos están equipados pero máis de aventura, tipo Nautla, e con pasos obrigados. De todos xeitos é unha boa vía para o verán.




PEÑA UBIÑA: ESTE DOS CASTILLINES
VIA: O SEÑOR DOS FÍOS
Recupero unha ruta aberta hai anos que se publicou no Desnivel nº 198, a vía abrímola por casualidade Antonio García, Arturo "Segis" e mais eu un 10 de febreiro de 2003. Na foto escaneada do Desnivel tedes toda a información para facela, unha vía rápida e sinxela para gozar dun día divertido.

 


PEÑA UBIÑA: CARA NORTE
VIA: Directa das luvas (VARIANTE DAS LUVAS)
Sigo recuperando algunhas rutas de hai anos. Neste caso trátase dunha variante, con identidade propia, da Arrieta/Pomeda que abrimos Arturo (Segis) e un servidor durante uns días de entroido do 2002 no que nos dedicamos a escalar todas as rutas invernais desta cara asturiana de Ubiña. No Desnivel 189, que deixo escaneado, tedes toda a info, alén da variante de saída propia para a Rebelión de los débiles, ruta aberta por Tino Taín e Raúl Torres un ano antes. Finalmente, ao ser unha variante, esta rota polularizouse como Variante das luvas.






MACIZO DO MAMPODRE. PEÑA DEL MEDIODÍA: CARA NOROESTE
VIA: Maraña
Xa que ando recuperando pois agora vai unha na Peña del Mediodía, aberta no 2004 con Luís Agregán e Óscar Seoane, como alternativa á falta de condicións na Dama Blanca, pasamos un bo día. No Desnivel 213, que deixo escaneado, tedes toda a info. Trátase dunha ruta idónea para iniciarse na montaña invernal máis non a infravaloredes, dependendo das condicións nalgún tramo costa asegurarse, non esquezades levar algún pitón.





2 comentarios:

  1. Hay condiciones para los recios !!, muy buena la Segis !!! y la recuperacion de topos perdidas tambien.
    Enhorabuena!! a la libreta !!!!

    ResponderEliminar
  2. Gracias Fernando! espero que la disfrutes... y mejor esperar otras condiciones porque realmente así la cosa está recia, he he, un abrazo titán!!

    ResponderEliminar