xoves, 22 de abril de 2010

Cabrera e Pedriza: sesión de fendas e empotres

Dor nas mans e principalmente nos pés, arrecedo a granito quente e a jara, busca un friend e colocao no mellor sitio posible, empotres poderosos de mans e retorcimento de dedos, retorcete de novo, outro empotre, volve a retorcerte, os dedos, o corpo... as regras son basicas: buscate a vida pero mantente suxeito á fenda. O camiño da escalada en fenda é duro, pero de cando en vez hai que mudar conceptos e cambiar de relixión, aínda que sufras unha cura de humildade, pero a isto estamos, ás veces hai que xogar no campo contrario!

Martín e eu marchamos un par de días a facer fendas pola zona centro, aló atopámonos con Gumi, Juaco e Miquele (que apareceu pola pedri o último día), tamén tiven un encontro rápido no Pico de la Miel con Pablo, Yoryo e Javi, que ian facer a Cepillo flight, aínda que por causas de coordinación este foi un encontro breve a pé de vía, unha pena que non tivesemos máis tempo para estarmos xuntos, seguro que haberá máis aportunidades. Nós escalamos varias fendas, e algunhas variantes, sempre na procura de fendas limpas para empotrar.

Na Cabrera hai algunha das mellores fendas de España e, se obviamos a autoestrada, estamos falando dun lugar de gran beleza, con boas vías e dun granito excepcional. Da Pedriza non hai nada que dicir, a natureza fixo unha selección dos seus mellores caldos para parir este lugar, patria da adherencia pero con múltiples fendas, ñapeos, setas de rocha e canchos con historia. Sen dúbida un dos mellores sitios para trepar en granito, para vivir en natureza e gozar das súas noites estreladas. Déixovos con algunhas fotos, sesión de solo fendas, algunas quedarón por visitar porque non se dá chegado a todos lados en dous días.

Martin no Bloque Californiano, vías duras dun longo, neste caso na Puños, 6a, como o nome indica fenda de puños cunha entrada poderosa

De novo Martin no Bloque Californiano, esta vez en Venecia, 6a+, hai que loitar moito con esta fenda de maos e puños!

A mellor do Bloque Californiano, a Juán Moña Moñita, 6a, antigo artificial que se pode facer parte en bavaresa ou toda con empotramentos de mans.

Outra toma desta fantástica fenda. Son duras as vías deste Bloque!

Ao día seguinte o xogo continua no Pico de la Miel, na foto Martin saíndo do primeiro longo da Alaiz, 6b, fenda de empotre perfecta que pon a proba as vendaxes das mans e a capacidade de sufrimento dos nosos pés.

Gumi e Juaco escalan o primeiro longo da Estevan Altieri e crúzanse con nós para facer o segundo longo da Alaiz (na foto), Juaco "cose" esta fenda finiña na que non entran os dedos, 6b.

Martin e eu, buscando os empotres, saímos polo segundo longo da Estevan Altieri, 6a+, Matin apretando neste gozoso longo.

Ao baixar do Pico de la Miel xa imos suaves, pero aínda nos queda vontade para facer unha apretada máis, na foto Juaco pon a proba os seus nervios enlazando o inicio do primeiro longo da Psicosis coa parte final da Cobos, 6c, cun offwich-chimenea que lle fai suar tinta. Á dereita vese a corda miña e de Martin, sempre buscando fendas de empotrar, esta vez en Brotrers, V+.

Pola noite non hai como ir durmir á Pedriza, e aló quedamos a trepar esa mañá. Foto artística do Gumi ao Martin que escala Rectilínea, 6a, no Risco de las Tres Puntas

Outra fenda no Risco de las Tres Puntas, neste caso Curvilínea, 6b. Acababa de chegar o Miquele e xa eramos unha panda para montar unha festa.

Mudamos para a parte superior do Tres Coronas, esta fenda é o último longo de Concerto grosso, 6a+, estupenda fenda de empotrar, e moi fotoxénica.

Unha visión do Collado de Tres Coronas, a Pedri sempre e máxica... e o Gumi cúrrase as fotos!!

Outra toma en Concerto grosso, empotre de mans con algún retorcimento de dedos e unha plaquiña final

De novo en Concerto Grosso, góstame esta fenda, je je.

Toda a peña na cima do Pico de la Miel, falta o Miquele que non veu ata o día seguinte, boa xente! así é un pracer compartir un días de campo e escalada!

Ningún comentario:

Publicar un comentario