martes, 16 de marzo de 2010

Val de Cogne II

Regreso a Cogne, eu estivera en nadal pero esta vez organizamos unha saída aérea por Bergamo (Milano) con Ryanair: Pablo, Jorge, Jesus (que saiu de Girona), o Sona e o que subscribe; vehículo de aluguer e pola noite estabamos nos mesmos apartamentos que a vez anterior... rápido, económico e divertido. Aló atopámonos con Toño e un colega que eu non coñecía, Andoni, un típo excelente, eles xa levaban varios días picando xeo por Argentiere e unironse á nós para gozar uns días.
Como este é un destino habitual de escaladores, ao día seguinte madrugón, fomos por Valnontey e escalamos Monday money, II-4/4+, ben... escalaron... porque ao comezo do segundo longo doume conta de que esvaro e... crampón roto! sen punta frontal, para embaixo!! os maquinillas completaron a cascada por min, mencionar ao Sona que era a primeira vez que se puña uns crampóns (é que é un inconsciente!) e ao Yoryo que, por culpa do meu crampón, se tirou dúas horas na reunión, imaxino que pelao de frío.

Foto "artística" de todo o grupo ceando en familia
Ao dia seguinte voltamos a subir a costa inmunda da Monday money pero esta vez o Toño e eu para ir a por Repentance super, II/6, cascada mítica aberta por Damilano, Grassi e Conta en 1989, impresionante para a época!! Parece que en breve será decotada a 5+, como case todas as cascadas deste grao que se forman todos os anos e polo tanto se repiten con frecuencia, en fin... unha excelente cascada e nada fácil. Ao día seguinte escalamos a Cascata di Patri II/4 e a Candela di Patri, II/4+, e o último día, Il candelabro del coyote II-4+/5 e Tuborg, II-4+/5. Colguei algunhas fotos como complemento das trepadas pero aconséllovos ver toda a historia ben contada no blog de Pablo:
Tamén poño un enlace a un video bastante bo que atopei en YouTube da Repentance:
http://www.youtube.com/watch?v=k2Mnc9ft_2c

Primeiro longo de Monday money, II-4/4+, Pablo vaime ter que pagar unhas birras por esta foto

Toño e eu subindo a costa inmunda que nos levaría a Repentace super, II/6

Toño no segundo longo de Repentance super, probablemente o máis duro; desploma que non é broma!!

Terceiro longo de Repentance super, probablemente o máis bonito, Toño deixou a cámara na mochila porque lle encanta ser o centro de atención!!

De novo Toño saíndo do abismo, un cascadote precioso do que aínda nos faltaban dous longos que non superan o 4º.

Yoryo e eu na Candela de Patri, II-4+/5, mentres Pablo e Jesus escalaban á nosa esquerda a Patri, 4º (eles fannos a foto)

Cando estabamos embaixo do Candelabro del coyote aparecéusenos o yeti, uff que susto!! menos mal que rapidamente marchou trepando pola cascada.

Toño no primeiro longo do Candelabro del coyote II-4+/5, magnífica cascada!!

Andoni faime esta foto comezando o primeiro longo do Candelabro del coyote

Toño no segundo longo do Candelabro del coyote, meténdose polo lado malo, mira que é retorcido!! Levaba boas ferramentas!!

Yoryo gozando no terceiro longo del Candelabro del coyote.

Jesus picando duro en Tuborg, II-4+/5, preciosa cascada.

Sona e Jesus asegurando a Pablo no segundo longo de Tuborg, II-4+/5

"Sanse Gigolo", podedes atopar o seu teléfono nos anuncios dos xornais mais afamados, educado, sensible, mans grandes e bonitas e moita experiencia, en fin... especie en extinción!!

A volta con Ryanair foi un fracaso, longa noite de pedra onde se produciron auténticas escenas de amor na terminal do aeroporto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario