venres, 12 de marzo de 2010

Riglos: Supercrack + Zulú demente

Outro día de bolos rigleros, esta vez fomos Martín e eu pola Supercrack e Diego (Dolomiti) e Julian (Murciano -"membro number ghuan do clube de fans de Rafaela Carrá"-) pola Zulú demente. Para eles era a primeira incursión na Visera, o cal sempre intimida un pouco, pero salvaron as naves con moi boa nota, porque son uns maquinillas!!; nós gozamos de outra boa vía nesta magnífica parede.
A Zulu é unha via perfecta, excepto nos dous primeiros longos que se poden considerar como de transición, a parte superior faise en tres longos dunha beleza excepcional e cun patio dos que deixan pegada. A Supercrack é do mesmo estilo pero algo máis dura, principalmente no cuarto longo, ao que lle puxeron 7a pero pensamos que é algo máis duro, talvez parecido ao último, común coa Zulú, e ao que lle chaman 7b. En todo caso... preciosa vía que salvamos nos dous primeiros longos pola Mosquitos, hai anos fixera eses 2 longos con Matu e a rocha estaba algo rota e ademais eran bastante discontinuos, cunha panza no segundo longo de 7a que me pareceu imposible e que pasei facéndome unha pedaleta. De todos os xeitos a Mosquitos está tan pulida que xa non se pode considerar unha vía bonita. En fin... hai van unhas fotos.

Martin saíndo dos diedros da Mosquitos á gran repisa... onde comeza a gran flipada desplomada.

Martin na 3º reu da Supercrack mentres eu fago o 4º longo, 7a. Máis abaixo Diego apretando no 3º longo da Zulú demente, 6b.

Diego de novo no 3º longo da Zulu, asegurado por Julian desde a repisa

A máquina de trepar chegando á 4º reunión da Supercrack, 7a

De novo Martin, agora apretando no último longo, 7b, esta saída é común coa da Zulú
Outra toma de Martin no último longo, 7b

Diego rebentando o 4º longo da Zulu, o do dobre buril, 6b

Boa foto de Diego asegurando a Julian no 4º longo da Zulú

Outra toma dos maquinillas, un murciano-moro e un dolomiti-murciano, vaia panda! As cintas do último longo quedaron postas que sempre molan, he he.

Foto de cumio, satisfeitos porque a última apretada ia ser no bar do Toño

Ningún comentario:

Publicar un comentario