sábado, 6 de febreiro de 2010

Pineta express: "La Paciencia de Monica"

Viaxe rápida de ida e volta a Pineta hai uns días, a idea era facer a Cascada del cinca pero corría máis auga que xeo, así que finalmente fomos a La paciencia de Mónica II/5. As 8.30 estou no refuxio de Pineta onde me espera Toño, café con guarrería colesterólica de almorzo e tiramos para os llanos de La Larri, na subida podemos ver con toda precisión o muro enfrente do parador, obxecto das últimas aperturas de Pineta, pero iso terá que ser outro día. Facemos a cascada e tiramos para La impaciencia de Jordi II/4, pero nada, a parte superior está parcialmente caída e ten unha fina plancha á esquerda despegada da rocha, media volta e a papear algo ao refuxio, as 15.00 estamos picando algo para seguir alimentando o colesterol.

La paciencia de Monica é unha boa cascada de 95 mts, o primeiro longo estaba algo xusto na saída e o segundo pode facerse en dous longos, coa reu equipada á esquerda, ou nun só longo de 55 mts que está cheo de coliflores e é magnifico. Hai van unhas fotos

O muro onde se abriron as últimas rotas de Pineta, de esquerda a dereita La hechicera, Sandra e Tei-Chi (ver infohielo.com).

Toño saíndo do primeiro longo da Paciencia de mónica, II/5

Toño comeza o segundo longo, dos mellores longos de xeo de Pineta

O maquinilla gozando das múltiples formas e coliflores desta cascada

Saída perfecta por unha pequena columna, non sabiamos que a cascada estaba fendida na parte superior, cousas do xeo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario