xoves, 14 de xaneiro de 2010

Val de Cogne

A semana pasada, nadal, en vista de que no Pireneo tardaba en vir o frío, escapamos para Alpes na procura do xeo de cada inverno. A primeira intención era ir a Ecrins, por iso da cercanía, aló estaban Toño e David que nos indican que aínda faltan moitas cascadas por formar, alén diso a tremenda nevada que caeu o mesmo día que chegamos desanima un pouco polo que, despois de que Toño fale cun colega italiano, marchamos para Cogne onde, parece ser, que as condicións son bastante boas.

Deste xeito, despois dalgún día perdido e outras 3/4 h. de viaxe, aterramos no Val de Cogne David, Manu, Toño e eu. Desde a vila de Cogne accédese a dous vales interesantes para a escalada en xeo, son Valnontey e Valeille (onde está a viliña de Lillaz), había moita neve e algunha aproximación era complexa, porén o xeo non faltaba, aínda que a algunhas cascadas, principalmente ás de estructura máis complexa ou efímera, todavía necesitaban algo de tempo.

A estancia e comida nesta zona italiana é un pouco máis cara ca nos Ecríns pero buscando pódense atopar cousas interesantes, ao comezo de Valnontey hai un hotel-restaurante onde podemos quedar a media pensión, chámase La Barme, nel tedes información de cascadas e a xente é moi amable, pero é algo caro, nós quedamos nuns apartamentos en Epinel (pouco antes de Cogne) chamados Residence Pavou, sen comidas pero bastante máis barato e tamén un sítio moi recomendable.

David e Manu abrindo pegada para chegar a Flash estivo, II/3, 180m, se estes dous non se poñen recios abrindo senda ese día non trepamos

Toño escala o segundo longo de Flash estivo, II/3

Unha clásica do lugar, Manu e David no primeiro longo de Patri, II/4, cómpre madrugar para escalar esta cascada sen facer cola.

Parte superior da mesma cascada, agora imos Toño e eu pola "candela" de Patri de droite, II/4+, 220m.

David atacando Patri de gauche, II/4, 250m, estética cascada á esquerda da "candela", á dereita vemos un animal de cor laranxa aprendendo a voar

Outra toma de David en Patri de gauche, II/4, vai vestido de ninja por se a cascada se pon rebelde

Manu no corredorciño final de Patri de gauche, bo remate para o último longo desta cascada.

Comezo do val de Valeille, na parte superior dereita da foto vemos a primeira parte de Il candelabro del coyote, II-4+/5, adiantáronsenos varias cordadas polo que mudamos de interese e fomos a Tuborg, II-4+/5

Ese dia nevou a gusto e apareceu algún que outro yeti das neves

Toño e eu en Tuborg, II-4+/5, 200m, dúas columnas para dúas cordadas.

Outra toma do primeiro longo de Tuborg, magnífico!

Toño fai boas fotos desde arriba, de novo en Tuborg

Manu na parte superior de Tuborg, II-4+/5, Toño segue facendo boas fotos desde enriba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario