xoves, 17 de decembro de 2009

Ecríns: Delfinado conxelado

Febreiro de 2009 nos Alpes do Delfinado, entramos en "Le moulin papillon" a nosa Gîte en Argentière-la-Bessée durante a próxima semana, somos un equipo de granadínos e eu, que me convirto, todo correcto e máis simple, catro granaínos: Lopez, Marcos, Matu, e Xosé. Granada mola!!!

A Gîte colma as nosas aspiracións con creces, habitación particular para os catro, boa situación para visitar os múltiples vales xeados que hai na zona, bo prezo, supermarché relativamente perto para pillar cervexa, bo rollo, e uns papeos que nos fixeron voltar con dous ou tres kilos de máis.

Escoller un primerio lugar onde pinchar nesta zona sempre é un reto porque hai máis de 20 vales onde elixir, creo que comezamos por Ceillac, ningun val ten desperdicio, dependendo das condicións, pero as guindas penso que son Freissinières ou Fournel, as estructuras colgantes do comezo do val de Freissinières póñenche os pelos de punta, vaites por onde sube algunha xente!

Caera neve, moita, chegar ao fondo dos vales máis interesantes era misión imposible sen esquís, e non tiñamos, había que conformarse co que estaba máis perto ou onde había pegada aberta por outras cordadas, non houbo queixa, aínda que sempre se pode voltar á procura do xeo que desta vez deixamos sen pinchar. Hai van unhas fotos:

Comezando en Les formes du chaos, III/4, en Ceillac, boa vía para tomar contacto, fácil pero moi estética

Marcos apreta en Sombre herós, II/5, tamén en Ceillac

Matu en Freissinières, mordendo en Arc de cercle, III/5

Marcos no primeiro longo de Hiroshima, III/5, en Fournel, famosa cascada no momento da súa apertura

Matu escalando o precioso segundo longo de Hiroshima

Fantástica foto desde dentro da Grotte des Hirondelles, en Les Orres, ese día tocaba apretar en seco, e vaia apretons!

Matu na Grotte escalando Bléreau-team, M7, dry puro e duro, sobretodo duro... como din na guía e comprobamos in situ.

Outra toma en Bléreau-team, M7

Matu de novo, agora apretando fino en Pére magloire, M8, case o fai a vista, o bicho está forte e anda fino nisto do dry

Coa visita a Les Orres se nos apareceu a Virxe en forma de cascada, houbo que volver, os máquinillas de Granada téñena detrás, chámase Dancing fall.

Matu e Marcos comezando Dancing fall, II/5+, pinchando a dúo como se fosen dous tenores, torpedos!!

Boa foto do López no último longo de Dancing fall, II/5+

Visión apocalíptica dos tres primeiros longos de Les viollins, en Freissiniéres, os dous primeiros pódense facer nun só longo se ao final ensamblas unha decena de metros

Marcos no segundo longo de Les viollins, un dos primeiros graos 6º da época, mítica ascensión no seu momento, actualmente decotada a II/5+. Se non é 6º non lle falta nada!!

Terceiro longo de Les viollins, II/5+

Ningún comentario:

Publicar un comentario