martes, 15 de decembro de 2009

Xeo en Noruega: Rjukan

Hai un par de invernos fomos uns días de escursión a Rjukan en Noruega. A viaxe é interesante e económica e o xeo non vos faltará, tamén se pode facer algún día de esquí porque a neve é alucinante neste sitio, porén as cascadas son relativamente curtas, a maioría de un longo ou dous e algunhas de tres longos, aínda que hai moito onde elixir. As de maior lonxitude non son demasiado interesantes (hainas ata de 700 mts), ademais a grande afluencia de xente fai que moitas se atopen picadas, deste xeito fanse con maior facilidade pero o interese tamén é menor. Aínda así trátase dunha viaxe bonita onde pinchar seguro pero, non vos enganedes, isto non é Canadá.

De boca en boca acabamos xuntándonos un bo grupo, de Granada viñeron López, Ríchar, Juanjo e Marcos, de Aragón saímos o Matu, eu e un puñao de colegas do GREIM, Antonio, Borreguero, Santos, Noel e Félix. Ao final o equipo era grande pero perfectamente engraxado, bo rollo, ceas de cervexas e risas, perfecta harmonía cos donos do refu e co resto da xente, cascadas de todas as formas e cores e cada mañá... as ferramentas preparadas, as chupas apretadas e os popeyes listos para apretaaarrr.

Como eramos tantos algúns pillamos praza nun refuxio e outros nas cabanas típicas da zona. Se ides creo que o refu é a mellor opción, hai varíos pero nós estivemos nun completamente recomendable. Os amigos que o levaban so se preocupaban de que estiveses a gusto, son escaladores e saben o que queres, habitacións comodísimas con liteiras, calefa e edredóns para dormir como na casa, cociña completamente amueblada e con todos os trebellos para cociñar pratos selectos, salón con boa música, biblioteca con todo tipo de guías e libros e, imprescindible, unha sala de secado para ter o material (guantes, botas, etc) preparado en dúas horas e cada día arrancar pola mañá seco e quente. Na súa páxina web tedes toda a información: http://www.climb-inn.com

Richar abre a caixa dos tronos en Fyrstikka, WI 5

O Matu escala unha pequena columna a esquerda de Fyrstikka, na guía non sae e é interesante!

López apretando en territorio duro, De kaller meg fjard, M7

Antonio en Jomfrua, WI 4

Comezando Gaustaspokelse, WI 4

Unha polea a Fission, un M10 duro duro, na parte superior precisaremos un friend e un micro. Nesta vía descubrimos a un Richar moi fino e moi forte, cousa que xa sospeitabamos!

Borre escala Vemorkbrufoss Ost, WI 4, na área de Vemork Bridge

Seguimos na área de Krokan, agora en Kjokkentrappa, WI 4

A máquina de escalar comezando Topp, WI 5, estaba algo fina a entrada.

Máxica foto que nos fixeron en Juvsoyla, WI 6, unha das xoias de Rjukan na area de Upper Gorge, sae en tres longos.

Día de Non-Stop, Matu en Nye Vemorkfoss, WI 5

Día de Non-Stop, escalando Vemorkbrufoss Vest, WI 5

Máis tomate no día de Non-Stop, agora en Trappfoss, WI 4, habia concurrencia así que fixémola en ensamble e baixamos dun abalakov

Na área de Kong Vinter había algunhas cascadas moi interesantes, nesta foto pillei a Santos que escala, encordado con Félix, Silikon, WI 4

Rematamos nesta zona con King Kong, probablemente unhas das mellores cascadas de WI 5 que fixemos en Rjukan

Ningún comentario:

Publicar un comentario