xoves, 30 de xullo de 2020

Ordesa. Tozal del Mallo: Aliga

Ambientazo 100% Ordesa nesta pequena xoia aberta en 1982 por J. Jover, X. Nicolau e P. Vargas. Uns días por Huesca gozando de preciosas escaladas na mellor compaña, esta vez foi unha escapada rápida a Ordesa con Martín e Javi, que volve estar on-fire e, como sempre, un verdadeiro gusto trepar con amigos cos que, alén da escalada, compartes unha forma de ver o mundo e de existir.
A Aliga é unha pequena-gran vía, de trazado intelixente e aparentemente fácil, que vai buscando as debilidades desta quilla de barco e esquivando os múltiples teitos que percorren este paredón que desemboca na aresta SE do Tozal. Bonita e de grao asequible, o que non quere dicir que sexa fácil, hai que buscala e ir negociando seccións típicas de ambiente ordesiano, unha pequena gozada de 200 mts. Nós perdémonos no incio e tivemos que facer varias aventuras para volver a reiniciar, a vía comeza un pouquiño á esquerda dos grandes teitos, o meu consello é que subades directamente pegados á parede e non vaiades como se fosedes para a Ravier, onde arrinca podemos ver unha "A" ben clara. Nós enlazamos os longos 2 e 3, xestionando as cordas fanse perfectamente e non vos tedes que desprazar para facer a R2. Tedes unha estupenda reportaxe e excelentes bosquexos da vía no blog de Mendiak.
Martín chegando á R3 (para nós R2 porque enlazamos L2 e L3), (V+, 6a)

Martín de novo comezando o L5, máis ao menos á altura do buril (6a)

De novo o chiquitín, agora comezando este L6 de 6a+

Javi quitounos a corda para gozar deste precioso e fotoxénico longo de apariencia intimidatoria, unha marabilla! (6a)

Precioso lugar!!

Como non teño foto dos tres no cumio poño esta de Javi gozando da R4, sombriña e só lle falta a birra ao moi torpedo!!!

1 comentario:

  1. Qué grande eres compañero. Hacía tiempo que no navegaba por tus palabras. Ha sido empezar a leer y no poder parar, con tus reflexiones, tus fotos y nuestros recuerdos. Un abrazo de libro amigo mio

    ResponderEliminar