domingo, 17 de novembro de 2019

Montrebei. Parede de Aragón: 7 Venas + Antiparkes

Escribir precisa de algo de tempo e ultimamente non me sobra. Retomando este espazo común de vez en cando, sempre me serve para botar un vistazo sobre o que facemos e gozar das actividades mentres estou na casa. Desta vez era unha concentración do Equipo en Montrebei á que só puideron vir Ronan e Lucas, como o primeiro día non daban unha méteo clara paramos en Riglos para aproveitar, foi un pouco erro porque a meteo mudou tamén en Riglos e choveu a maior parte do día, o bo é que nos xuntamos con Chavi e Toño e, nun momento do día que parecía mellorar algo, tentamos a Cacho Cacho no Cuchillo ata o terceiro longo no que nos comezamos a mollar o suficiente como para baixarnos, alén do frío que non che deixaba quentar os dedos.... porén mereceu a pena porque, alén do encontro cos amigos, tiramos da sabiduría de Chavi información sobre vías interesantes na parede de Aragón, Toño acompañounos durante toda a finde.
O primerio día Lucas e eu fomos á 7 Venas e Toño e Ronan á Rigoll, as dúas son de estilo Montrebei 100% e de corte parecido, aínda que un pouco máis laboriosa esta última polo A2 do penúltimo longo. O segúndo día intercambiamos cordadas e fomos todos á Antiparkes, outro corte de vía máis rápida e máis longa, coas placas típicas desta caliza gris. Toño e eu quedamos un día máis pero apareceu cuberto e moi frío así que marchamos para Olvena e fixemos a Duquesa Esmeralda, que eu xa fixera pero que merece a pena e, principalmente, estaba ao sol que á sombra o frío non deixaba vivir.
A 7 Venas é moi boa (from del monte... con este nome tiña que facela aínda que só sexa polos asados que nos temos metido con eles no Chalten, he he, rock-ská-folck... e bos alimentos...), vía coas características típicas desta parede, con equipamento moderno e ben situado, bastante variada de diedros excelentes, placas e fendas, crúzase coa Santiago Domingo na R3 e comarte a saída coa Cistus. O inicio fixemolo por unha fenda á esquerda por confusión, para non equivocarvos hai unha inscrición clara ao inicio, un par de metros á esquerda da Santiago Domingo. Bosquexo por internet e na guía do lugar.
A Antiparkes ten outras características, con dúas partes algo diferentes, a inferior de diedros e placas de boa rocha roxiza e a superior de tiradas longas e algo de navegación sobre placas grises excelentes, atravesa varias terrazas pero non deixa de ser unha via interesante, con longos moi bonitos. Cómpre andar espabilado para atopar o inicio, levade unha foto e fixádevos no diedro laranxa do primeiro longo, porque a terraza superior case nin se intúe! Bosquexo por internet e na guía do lugar.
Con Chavi e Toño no incio da Cacho Cacho. Grandes non... ENORMES, he he!!!
Ronan paseándose polos muros do Cuchillo, tamén pasou friaxe nas mans!!
Outra vez atado á corda con Chavi, pracer enorme... pero os dedos non entraban en calor!!
Xogamos en Montrebei, na 7 Venas, Lucas no desplome do L2, 6c.
Esta non sei moi ben onde é... pero é bonita, he he.
Lucas de novo no L4, excelente fenda para meter cacharros... 6c, van xenial algúns entaladores medianos.
Curta travesia desplomada no L6, equipada pero con algún paso obrigado, Ae/6a.
Precioso diedro do L7, 6a, unha gozada!!
Desde a nosa reunión vemos a Ronan asegurando a Toño no diedro do L8 da Rigoll, por debaixo do desplome bruto de A2.
Agora é Toño o que ataca o desplome de artifo na Rigoll.
Ronan no precioso diedro de inicio da Antiparkes, 6a+, foto interesante para situar o nicio da vía.
Despois dun longo guarro hai que buscar este diedro nunha terraza para continuar, outro longo bonito este L3, 6a+/Ae
Ronan gozando das placas perfectas do L6, algo de navegación con algunha chapa perdida que indica o camiño, 6a.
E seguimos gozando das placas, as veces con algún lique... L7, 6a.
Precioso L8 que Ronan se merenda sen despeinarse, 6c. Lucas e Toño séguennos sen perder un metro!!
Impresionante foto que lle fago a Toño na penúltima reunión da Rigoll, Montrebei a tope!!!!
Ao dia seguinte fomos á Olvena, este precioso diedro é o mellor longo da Duquesa Esmeralda.
Os catro na cima do Montsec d Estall, enorme pracer compañeiros!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario