domingo, 17 de marzo de 2019

El Chorro. Frontales: Corazón que no siente

Boas vias de gozar no Chorro, con Juanan e Andrés, un paraíso da deportiva e con numerosas rotas de facer metros por placas de lenda, armados cun xogo de expres e moitas gañas de xogar coas gotas de auga. As Frontales son unha muralla excepcional, nun lugar excepcional e con vías deportivas de gran valor... non deixedes de achegarvos porque merece a pena descubrir o lugar!!

A Corazón que no siente é unha boa vía, similar ás súas veciñas, un pouco máis picante nos primeiros longos, talvez o segundo e terceiro poderían ter un grao máis, e que vai buscando un trazado deportivo para asegurar as zonas máis atractivas do pano, o L5 é fantástico... mais en xeral é unha gozada de vía, moi recomendable!! Bosquexo na páxina de Bernabé
Ligamos segundo e terceiro longos, a corda pesa no terceiro e debes ir fino se queres encadenar, moi fino!!
Juanan e Andrés dando estopa no L3, 6c+.
Este Andrés un animal... xuventude intrépida... necesita roca porque forza ten para parar un tren!!
de novo os meus compis, agora no L4, 6c.
Juanan quitoume a corda e pillou o longo máis bonito da vía, o L5 é un 6c+ precioso!!
Precioso!!!
Andrés ao rebufo portándose coma un titán na súa primeira vía de varios longos... iso chámase comezar como deus manda!!
O L6 é un 6a+ con algunha sección de placa para manter a concentración, Juanan póndose as pilas porque non está fácil!!!
No cumio con Andrés... gozando deste lugar máxico!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario