venres, 4 de setembro de 2015

Ordesa: Edelweis + Pilar de la primavera

Vivimos un verán realmente caluroso, mesmo en Ordesa se notaron eses días intensos onde "camiñas" ao límite do golpe de calor, no xardín da Edelweis, baixo o muro final do Pilar de Cotatuero, vivimos un episodio desta natureza! Calor extrema, que tamén en altura se deixa sentir, lembrándonos o progresivo deterioro los glaciares e demostrándonos que isto do cambio climático non é un invento dos científicos, é unha realidade constatable que moitos dos nosos políticos van deixando para "máis tarde", nunca é oportuno! estiran as datas da axenda como fan con todas aquelas materias que non queren abranguer, cuestionan aos cientificos e ningunean un problema que é radical: nós deterioramos o planeta e nós debemos aportar solucións para devolverlle o que lle quitamos, non se pode evitar nin alongar... "falamos da supervivencia imbéciles"!
En fin, disculpade a chapa... da Edelweis hai pouco que dicir que non se teña dito, outra xoia do mestre Gálvez que pasou por ela de forma bastante limpa, toda a vía é magnífica alén de que, como xa se ten dito, a parte superior é unha das escaladas máis fermosas que se poden facer no seu grao, cómpre salientar o L3 porque é o único que non me gustou: non é fácil de ver, algo raro, algo roto, algo sucio... porén iso non lle tira a etiqueta de prato con picante! Vía imprescindible.
O Pilar de la primavera é outra historia, alén de que persoalmente foi unha grata sorpresa porque me gustou bastante, é unha ruta fácil mais estás en Ordesa, curta pero con aproximación a ter en conta, bastante limpa (excepto nos sitios clave), moi divertida e fácil de seguir, excelente para introducirte en Ordesa cunha primeira vía. A entrada pola variante directa dalle 50 metros máis e algo de personalidade.
Uns días despois voltei con Jesus facer unha de "vascos", por iso de ir a unha rápida con pouco tempo... ás veces o mundo ponse en contra e acabamos pillando un barco que creo que nos levou ao Diedro del asco, un inferno que non se parece en nada ao bosquexo que vén no libro de Ordesa, unha cheminea claustrofóbica (case off width na parte superior porque non te deixa ir por dentro) no L2 tirounos para embaixo, desas de reptar que dan gusto... nada coincidia co bosquexo (claro que iso era normal porque non estabamos onde tiñamos que estar), para pasala precísase levar un friend do 5 ou do 6, tamén se podería pasar por unha fenda cega que hai a dereita, mais iso levando algún pitón... nós recuamos co rabo entre as pernas, cansados, rascados e humillados, éche o que hai!!!
O mellor bosquexo da Edelweis que levamos sen dúbida foi o de guiasdetena, do Pilar de la primavera tedes máis info e fotos no blog de Pablo. Unhas fotos...

Chavi comezando a Edelweis e ligando L1 e L2, V+.
O noso L2, Vº, Chavi sacándonos desa reunión!
Comezando a preciosa parte superior, era o noso L4 e unímolo co L5 sen problemas, 6b.
Os meus compis saindo do xardin, ian aplatanaos do sol... case non dan arrincado! he he.
Chavi chegando á nosa R5, saimos pola tecla de piano porque pola esquerda parecia moi duro! V+. A sombra da parede volveunos dar vida!
Preciosa visión de ordesa coa fervenza de cotatuero a tope de auga!
Agora é Martin o que pilla a corda, o comezo deste longo que precede ás placas grises ten un paso tonto, 6b.
Martin comezando o último longo, unha obra mestra con selo Gálvez, coido que é máis 6a que V+.
Martin resolve este magnífico longo das placas grises, algún pitón e a busqueda dos buracos e fendiñas xustos para ir pasando, longo alucinante!
Con Chavi e Martin... que tios máis grandes! un pracer compañeiros!
Xogamos no Pilar de la Primavera... os meus colegas atravesando por baixo do piar na procura da variante de entrada, ao fondo o espectáculo visual chámase Tridente e Pilar de Cotatuero!
Álvaro aségurame no comezo da variante, V+, esta foto vale para indicar onde comeza!
Pablo no diedro apretón do noso L3, 6a+ moi bonito!
Agora somos Alvarito e eu os que gozamos dese diedro!
Bonita chegada á reu!
Álvaro pilla a corda e sácanos do piar por este divertido diedro!
Con Pablo e Álvaro, día fantástico de risas e bo rollo, un pracer titanes!
Remato esta entrada cunha foto de Jesus no L1 do Diedro del asco, embarcados por erro situacional e humillados pola cheminea reptadora/off width ancho que se alvisca no L2. Esa fenda da dereita tamén a provei máis é cega e cómpren pitóns para pasar... sen dúbida o nome faille mérito á vía!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario