A idea era ir a Ordesa mais a treboada estaba asegurada en todo o Pireneo, a calor era imposible eses días e a gañas podíannos a Jesus e a min, porén o meu compi sempre ten recursos e suxeríu a Paret de les Gralles, de orientación norte e, talvez, un dos poucos lugares que podía estar lonxe da man de Thor e onde as condicións nos permiten escalar os días máis tórridos. Finalmente Jesus fala con Victor que nos acompaña, un luxo poder trepar con este titán, incasable aperturista e pai dalgunhas das criaturas que escalamos, finalmente fixemos Catalunya is not Spain, Vía de Victor Francia e Urbi et Orbi. Velaí como un día aparentemente difícil de salvar se volve de cara, á festa tamén se apuntaron Victor-Francia e Marc que andiveron por aló e fixeron un par de vías.
A Primeira que fixemos foi
Catalunya is not Spain, recentemente aberta por Victor e que había que catar; son tres longos de rocha "carboneira" ben divertidos, é a única vía do lugar equipada para ir só con cintas, o mellor o diedro do L1. Despois dun novo rápel e algo de trave selvática fomos á
Vía de Victor Francia (realmente aínda non ten nome mais os meus compis nominárona sobre a marcha), aberta tamén recentemente polo suxeito que indica o mesmo nome, he he, gustoume algo máis ca primeira, despois dun L1 algo roto pero interesante atacamos un L2 precioso e ben aberto, alén de que o L3 tamén merece moito a pena . E como non hai dúas sen tres... un novo rápel por
Urbi et Orbi, que é a mesma liña de baixada, para gozar de dous longos magníficos, principalmente o final do L2.
Podedes ver máis info e bosquexos no
blog do Jesus
|
Victor comezando Catalunya is not Spain, 6a+/6b |
|
Agora é Jesus o que sobe ese estético diedro |
|
Jesus na placa do L2, V+ |
|
Este bote é unha das sorpresas que a Victor lle gosta deixar polas vías, podes expresarte libremente!! he he. |
|
Agora no L1 da Vía de Victor Francia, ao comezo da travesía, V+ |
|
Victor comezando o L2, despois do paso tonto da foto vén un diedro realmente magnífico, 6b+ |
|
De novo o noso anfitrión, agora por riba dese paso... que hai que facer! |
|
O espolón polo que sae Catalunya is not Spain, Marc e Victor-Francia en acción! |
|
O primeiro longo de Urbi et Orbi, 6c, as dificuldades están nesa placa fina que Victor se merenda sen despeitearse! Bonito longo! |
|
Jesus apretando na parte final de Urbe et Orbi, precioso muro final de rocha excelente, 6b
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario