luns, 13 de xullo de 2015

Petite Aiguille de Ansabere: Spigolo sur

Hai bastantes anos subín a Ansabère facer unha camiñada e alucinei co contorno alpino que envolve este lugar máxico, dominado por unhas agullas de aspecto hierático que parecen feitas para ser escaladas, porén para uns ollos pouco educados certamente o aspecto é de seren inexpugnables, inconquistables, irreductibles... imposibles. Sabemos que non é así mais a sensación tamén é importante, por iso este xogo non é máis ca un conxunto de sensacións.
O Spigolo sur é unha ruta de aspecto impresionante, porén penso que é máis impactante para o que observa que para o que escala. Non se trata dunha via mala, non, é bastante boa, porén tampouco é esa xoia da que se fala en moitos lugares. Os dous primeiros longos son de transición, con rocha mediocre, logo hai un diedro bonito máis bastante duro (no que podes ter que facer un A2 de empotras!!) e o muro seguinte é unha aceirada, intentei probar algo en libre mais pareceume durísimo e moi liso. A partires deste muro entras na placa final que é o mellor da vía, tamén é onde a escalada é máis obrigada e máis creativa. Uns bascos que se nos meterón diante, literalmente, correndo pola pedreira para adiantarnos, apareceron nos últimos 20mts suando coma cochos, en fin... fodéronnos un pouco a vía, alén de que un era un botarate, ignorante pero atrevido, o peor!! en fin... como 3,30h. esperando na entrada e na primeira reunión, despois volvimos pillalos nos longos de saída... eles foron pola placa e nós mudamos de idea e (isto temos que llelo agradecer indirectamente) saímos pola clásica e hai que dicir que esa tirada final é un longo excepcional de autoprotección, do mellorciño da vía! En internet podedes atopar bosquexos interesantes, a vía séguese ben excepto nos dous primeiros longos onde hai que ir polo fácil.

Estas agullas son un espectáculo para a vista!
Martin solucionando un L2 rotísimo de IV+,  mentres os bascos aceirando por riba nosa.
Martín no L4, de chapa a chapa e tirando con gaña!! he he.
L5 co mesmo ritmo, con algunha ferralla vella polo medio! Esta reu é mellor saltala e ir ao comezo da travesía mais... había uns bascos....
Seguimos aceirando ata a travesía, intentando pasos en libre de segundo pero o terreo é moi malo e moi liso!
Cheando á R6, por fin unha cómoda!!
Boa foto que nos fai Mikel, este era un mozo normal, notábase algo violentado polo facer dos seus amigos, mesmo nos dixo que o normal é que nos deixasen pasar diante, eles eran catro e con ritmo caracol e nós chegamos antes, mais negámonos a correr pedreira arriba, vaites... antes doume a volta!!
En fin... Martín desfai a travesía para situarnos baixo unha placa perfecta, 6a.
Este L8 é dos mellores, placa perfecta para gozar... porén chegando a reu hai un paso obrigado que che fai apretar, 6b.
Martin saíndo polo último longo, precioso, un 6a de autoprotección ben bonito!
A natureza fixo un alto e creou Ansabère, máxico coas primeiras luces!!

2 comentarios:

  1. Que buen rincon pirenaico, lastima la casualidad de tocarnos los alpinistas de carrefour. Jeje siempre un placer trepar en buena compañia

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Maaartn!! Buen lugar y el mejor compańero! Un abrazo bicho! Nos vemos en unos dias.

      Eliminar