xoves, 30 de xullo de 2015

Circo de Verano (Mallo Aragón): Los Pastores + Ursi

Nominalmente recén bautizado o MALLO ARAGÓN é un notable piar que se ergue hierático no Circo de Verano e, a súa cara norte, ten entidade por si mesmo para reivindicarse respecto dos mallos máis famosos. Había tempo que tiña o bosquexo da vía Los Pastores enriba da mesa e, dada a súa situación ideal para estes días infernais, xa tocaba ir a este mallo que nunca subira e probar esta nova creación do mestre Cobo e colegas. Mais o mundo non se pára se un lle dá contido...  así que un par de días despois repetimos no mesmo mallo pola Ursi, obra mestra de Enesto Navarro e Ursi Abajo que foi reequipada recentemente e que (sen animo de polemizar), recoñecendo e agradecendo todo o traballo tanto de equipamento como de limpeza, coido que hai un exceso de expansivos, principalmente se consideramos que se trata da recuperación dunha clásica.
Acho que a via Los Pastores será excelente cando pasen cordadas suficientes para sanear unha rocha que, de momento, é mediocre. Aberta en bo estilo e con bo equipamento obrígate a escalar entre chapas, ás veces por rocha boa e outras por territorio inestable, porén sempre na procura da liña vertical. O grao pareceume apretado e os xardíns do penúltimo e último longo non teñen solución, agradécese o cable no penúltimo e o asento (bambán) da R1. Cómpre salientar o primeiro longo porque, alén de que se poida facer aceirando a maioría, non lembro un longo en Riglos que me parecese tan difícil, aínda que cómpre que se limpe porque ten algo de terra nos cantiños e os pés no diedro van a lugares que aínda se rompen. A Ursi é outra historia, obra mestra clásica que mantiña o seu carácter polo equipamento vetusto e que, recentemente, foi reequipada polos ex-caracois. Aínda que con moito respecto ao seu traballo... estou completamente en desacordo coa forma de reequipamento, penso que mellor sería ter feito unha restauración aceptable (mesmo con mentalidade deportiva), actualmente ten tantos párabolts que é case imposible caer, a rocha non é boa pero penso que gran parte desta clásica esta actualmente máis próxima a unha ferrata que a unha vía de escalada. Bos comentarios e bosquexos no blog de Fernando Cobo para a vía Los Pastores e en Sueno Vertical para a Ursi.

Martín comezando o L1, coido que o inicio é a peor rocha, no diedro mellora máis aínda precisa cepillo e sanear os pés da parte dereita do diedro. Longo moi difícil, hai que estar moi lolo para encadealo.
O meu compi chegando a travesía que o trae ata a reu, ao final todo son cantacos...
R1 cómoda por cortesía dos aperturistas, este bambán non ten prezo!
Martin comezando o L2 por unha trave delicada e un desplome apretón, 6c, alén de que ao inicio tamén está a peor rocha do longo.
O meu compi prosigue por ese L2 por terreo máis amable... hai que darlle!
De novo Martin, agora desfacendo a pequena trave do L3 que nos saca do desplome, 6c.
O L4 vai na procura do espolón e o grao é máis amable, 6a, mais non hai que confiarse porque a rocha é traicioneira... que llo pregunten a Martín que levou dous "infartobolos" he he.
Magnifica visión dunha cordada na Directa as cimas do Fire.
O meu compi escala o L5, con rocha mediocre nalgún punto pero excelente noutros, 6c.
O penúltimo longo ten varias chapas dun 6b ben cabrón e logo pillas un cable que te sube por este xardín, e que se agradece moito. Despois deste longo faise un pequeno espolón de Vº e saímos ao cumio por outro xardín, ao final atoparemos unha estática.
A primeira vez no mallo Aragón e PREMIO... 25 pesetas! cinco duros! os da aguia carroñeira que estaban de moda!!!
Agora xogamos na Ursi, Julián chegando a R2. Nós unimos L1 e L2, o primeiro longo penso que non sae máis de 6c, o segundo aceiramolo pero penso que tamén podería saír, iso si...  é máis duro e tamén máis roto.
Julián desfai a trave do L3, Vº.
Entrando na cheminea-diedro que corta este mallo e que nos levará case ata o cumio, o L4 e L5 tamén os unimos sen saír máis do 6a+ que marca o bosquexo.
Juli acabando ese gran diedro-cheminea que te fai escalar en oposición durante 4-5 longos e ponche os xemelgos ollando para Cuenca. Este L8 tamén sae de 6a+.
Desde a saida da nosa vía tiñamos unha vista espectacular de Nacho e Carlo no penultimo longo de Boloterapia, vense ben os dous de azul na parte superior e inferior esquerda.
O meu compañeiro gozando con este bonito final do L8.
De novo Nacho e Carlo, agora nesa "sorpresa final" do último longo de Boloterapia
Alucinante visión dos nosos compis aos que lle temos que agradecer que nos deixasen a corda, chegamos ao bar case xuntos e compartimos unhas birras frias que nos elevaron o espírito e nos devolveron ao mundo horizontal!
Habia tempo que non compartiamos unhas escaladas, un galego e un murciano... ámbolos dous fanáticos numerarios do colectivo de fans de Rafaela Carrá!!!















3 comentarios:

  1. Muchas gracias por tus comentarios, Xosé. Soy uno de los reequipadores de la vía Ursi. Sin ánimo de polemizar, te diré que hay gente que asocia vía clásica con vía mal equipada y expuesta. Yo opino lo contrario, que las vías clásicas deben estar bien equipadas para que las disfrute mucha gente y puedan apreciar la audacia de los aperturistas. Fue el propio Ursi el que nos manifestó su deseo de que si reequipabamos la vía lo hiciéramos para que fuese repetida con frecuencia y quedase segura. No para que la escalasen solo un grupo de coleccionistas que no se habían atrevido a hacerlo hasta ahora, y que la vía aumentase el número de vía reequipadas que siguen semiolvidadas...

    Un saludo,

    Jesús Sánchez

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Jesus, agradezco el tono y respeto el trabajo porque sé que es un curro más desagradecido que otra cosa, aunque particularmente crea que, en este caso, no ha sido el más acertado. Los dos hemos dado nuestra opinión, no tiene sentido continuar y además este no es el sitio, que cada escalador/a saque sus conclusiones sobre la vía. Espero que sigamos charlando sobre el tema un día con una cerveza, porque yo sigo estando en desacuerdo, ha ha. Gracias por el comentario y por el trabajo.

      Eliminar
  2. Un aplauso a los dos..! Se puede estar de acuerdo o no, pero como minimo respeto por ambas partes. Algo que siempre se deberia haber tenido en cuenta desde el minuto uno. Y no por medio de los blog.
    Felicidades.
    Antonio

    ResponderEliminar