domingo, 10 de maio de 2015

Paret de Catalunya: Latin Brothers

Outra vez metido nos "horrores" e gozando unha vez máis de rutas preciosas nas que hai que ter oficio e das que crean afección. Habia arredor dun ano que me propuxera facela con Jesus e daquela non puidera ser por cuestións de axenda, desta vez quedamos definitivamente e conteillo a Martin que tardou un suspiro en apuntarse, he he, xa lle tocaba algún rutón despois de tanta folganza! Eramos tres cabaleiros sen montura na procura do mástil maior dun muíño que nos impulsase ata a cima do Montsec, a fantasía do inútil era a nosa Dulcinea! Por certo... cada día hai menos "poesía" en Montrebei, desde que fixeron as escaleiras e a ponte todo o día pasando xente a berrido desbocao. Terá que ser así! menos mal que non se lles ocorreu pór un cable ata o cumio!!

A vía non ten desperdicio, como alguén dixo... longa, dura e en libre; penso que é o que a mellor a define. Longa é porque tardamos 10h (hai bastantes reunións colgadas e para tres son un verdadeiro encordio e unha perda de tempo), dura tamén, sen ser moi obrigada, porque non hai longo que non teña o seu miolo e, en libre porque toda a vía é de escalar... fendas con cantos de serea que te atrapan, travesías fáciles cheas de trasnos e diaños, diedros máxicos que tiran coellos dos chapeus e placas de crear escola... sen ser nunca un grao excesivo pero onde sempre nos teremos que mover con certa habelencia e usar a ferralla que entra como se as fendas estivesen deseñadas para metela. Unha clásica preciosa e altamente recomendable. As reunións en xeral teñen algo, as veces bolts, as veces bolts con chapas recuperables (¿?), pitóns, algún buríl e demais habitantes das paredes, en todo caso vanse protexendo ben con material flotante. Vexamos unhas fotos... podedes ver mais info e fotos no Blog do Jesus

Jesús ataca o noso L2 (no bosquexo é o L3 mais nós enlazamos L1+L2 e foi unha estupenda decisión), 6a.

Comezando o noso L3, 6a+, ao Jesus non había maneira de quitarlle a corda!

Este é o longo que menos se corresponde cos bosquexos, fenda recta que pasa un teito pola dereita e logo busca a canle herbosa da esquerda, hai un pasiño en travesía por riba do teitiño! 6a.

Longo de transición que busca o comezo da fenda que abre o camiño do muro superior, V+

Finalmente conseguín arrebatarlle a corda a Jesus e fíxenme coa escalada, he he. Preciosa fenda continua que se apreta na parte superior, 7a (ou 6b/A0)

Enlazamos a fenda de 7a co seguinte longo (a que saltamos era unha reu de bolts pero moi colgada) máis non sei se será boa opción, en fin... Martín navega por ese L7 co Noguera e a parede de Aragón vixiantes!

De palique para un lado e de palique para o outro, he he, L8 de IIIº que tamén hai que escalar! Por certo... estes tunantes xa me bautizaron o casco como o "corchopán", e non lles falta razón, non!!

O outro longo clave, tamén de 7a (6b/A0) e que tamén se protexe fantasticamente con material flotante.



Martin e Jesus sobre esa verticalidade absoluta!
O noso L12, unha placa de 6a preciosa, despois facemos unha travesía fácil que nos leva á base dunha canle-diedro bastante roto, onde se xunta coa Increduls, a dous longos do cumio.

A cara de felicidade que se che queda despois dunha ruta tan boa! ha ha, parecia que sairamos da tobeira de Alicia no país da marabillas. Un pracer compañeiros!


6 comentarios:

  1. Cabrones, a mi no me lleváis a estás vias tan guapas...

    ResponderEliminar
  2. Si no paras titán!! yo "de mayor" quisiera ser como tu... pero con mi belleza natural, he he!!

    ResponderEliminar
  3. Cada vez escribes mellor, Xosé, un gusto ler as tuas crónicas!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Luís, vindo dun poeta coma ti considéroo todo un elóxio!! aínda que dependendo do tempo a cousa pode ir mais prefrabricada ou pausada, he he, unha aperta!

      Eliminar
  4. Gran escalada compañero. Pablo, cuando queiras te vienes y vamos a otra de estas, que no nos las acabamos.
    Gran dia amigo
    Abrazos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Un enorme placer Jesus, al Pablo no hace falta sacarlo que ya sale el solo, he he, teniamos que hacer una quedada de varios dias en algún sitio, ya hablaremos pero tengo ganas de varios días en Galayos, he he. un abrazo!

      Eliminar