luns, 27 de abril de 2015

Peña Rueba: Aliana + Repisas Herbosas

Despois dun tempo desaparecido volvo á nube, lugar de reflexión e posta en común, alén de encontros necesarios, mais para o que se precisa algo de tempo e, ultimamente, andiven escaso de espazos de folganza, deses nos que "paramos para continuar", dos que cando faltan limitan algunhas actividades que deixan de ser prioritarias, como escribir estas liñas... O mallo Común -La Calva- está de moda ultimamente, neste mallo proliferan as vías gozosas por un dos mellores muros deste macizo, desta vez estiven con Toño e Martin na Aliana (Martin retomando escaladas) e uns días máis tarde con David na Repisas Herbosas.
A Aliana é unha das mellores vías pracer que escalei nesta parede, perfectamente equipada e saneada por Óscar e Suli este nadal pasado, un bo traballo, cun grado asequible e bastante homoxénea en conxunto, das mellores deste pano de rocha sen dúbida... os retoques poden criticarse mais os que se equivocan son os que teñen que tomar decisións, os que non fan nada nunca se equivocan... neste sentido todo o meu respecto! O bosquexo da ruta en guaravertical con toda a info. Vía moi recomendable... será outra clásica de P. Rueba!
A Repisas Herbosas é outra historia, aberta por Ignacio Cinto en 2012 (e xa leva unhas cantas en P. Rueba), camiña por rocha de diferente natureza, nun mundo onde a parede se pon máis vertical e desplomada e a cor muda a vermello riglero. Pensabamos ir aceirando a miúdo máis finalmente coido que sae en libre, con algunha caída fomos sacando case todo, sen limpar e indo a vista, excepto dous pasos na panza que da comezo ao L2 (bloque duro que hai que sanear) e outros dous na chegada á R3 (unha panziña lisa e sucia de costra) de feito se estivese algo máis limpa penso que sairía toda sen ser un grado excesivo. Longo a longo así a fomos vendo:
1º longo: 6c, acho que de libro!
2º longo: a panza inicial en A0 (2p), hai que sanear algún canto por enriba para liberala mais é un bloque difícil; o resto do longo sae 6a 
3ºlongo: 6b ata a panza lisa que dá acceso á reu (para chegar á reu fixemos outro pequeno A0 de 2 pasos), cómpre limpar esta panziña porque está con esa costra cutre que é o peor desta rocha e así non se pode! 
4º longo: non o encadeamos máis sacamos todas as seccións con dúas caídas, neste longo cómpre cepillar pero sae un longo apretón precioso sobre unha rocha excelente. Empeza cun pequeno bloque cara a esquerda, moi bonito, logo unha panza grande que se ataca ben, tamén pola esquerda, para saír por un muro fino e continuo que nos leva á reu. Cremos que se se limpase co paso da xente, ou se se cepillasen os cantos, sairía entre 7a+/7b? O longo é boísimo!
5º longo: tamén precisa cepillo… porén este si que o encadeamos e cremos que será 7a, vai por unha panza que se negocia bastante ben e un muriño fino chegando á reunión. Longo bonito e técnico!
6º longo: Vº, grao testao!! he he!
O topo da Repisas Herbosas feito por Ignacio en caracolesmajaras, ao final desta entrada tamén deixo un bosquexo de como vimos nós a vïa. Agora vexamos unhas fotos...

Martin retomando vida nos primeiros longos de Aliana
No terceiro longo, 6c.
O cuarto longo tamén é ben bonito, 6b+
Toño no L5 co seu novo casco! este paso de 6a+ fíxome pensar e estirarme!
De novo Toño no L6, V+, a partir deste punto a parede comeza a tumbar
Con Martin na R5 mentres Toño escala ese longo, un pracer volver a compartir cabo de corda compañeiro!
Agora xogamos na Repisas Herbosas, David resolve ese L1 de 6c que se te colle frío pode porche as pilas.
De novo o meu compi, agora intentando esta panza bruta e case sen cantos que dá comezo ao L2, finalmente foi o primeiro A0, hai que sanear pola dereita porque de frente os agarres son bastante malos!
No L3, a fenda e as primeiras panzas non son difíciles, 6b, a chegada a reu é lisa ten algo de costra rota... foi o segundo A0 da nosa colección!
Este longo pareceume moi bo, non encadeamos pero sacamos todas as seccións en libre, hai que limpar as presas que teñen algo de lique mais a rocha é boa e os movimentos son excepcionais, pensamos que andará polo 7a+/7b??
De novo David chupando cámara, agora no L5, polo menos este encadeámolo! ha ha, cremos que será 7a!
David comezando o último longo que nos leva ao cumio, Vº.

Asi foi como a vimos nós!

2 comentarios:

  1. Me ha gustado lo de "6º longo V grado testao he he"

    Habrá que ir a subir por esta línea del amigo Inazio!

    Chavi

    ResponderEliminar
  2. Obligada no es y, junto con la Make, de lo más "salvaje" de P. Rueba creo. Los quintos no siempre están testaos, los hay contestatarios, rebuscados, difíciles e, incluso, muy muy cabrones.... que te voy a contar!!!!!

    ResponderEliminar