sábado, 1 de novembro de 2014

Riglos. Mallo Chico (Circo de verano): Síndrome de Down

Era verán cando Toño me levou probar esta nova vía equipada por el e Manolo uns días antes. O Mallo Chico está situado á esquerda do Mallo Castilla, case ao final do Circo de Verano, e caracterízase, alén de pola sombra mañaneira, por ter unha rocha bastante mediocre. Lembro hai uns anos que me baixei do primeiro longo da Kalachakra de Roca -que comeza uns 30 mts á esquerda- porque non tiña a cabeza preparada para subir por aquela rocha solta e case sen seguros, aquel día decidín que mellor acabar co rabo entre as pernas ca no hospital, alén de levar unha cura de humildade (os meus parabéns para C. Ravier e J. C. Grisu -uns monstros-) porén aprendín que a rocha neste mallo non era ningunha marabilla.
A Sindrome de Down é outra historia, aberta por arriba con equipamento deportivo e saneada por Toño e Manolo durante a apertura, pode considerarse unha vía pracer con carácter... con carácter porque nos dous primeiros longos hai que apretar, alén de que a rocha segue sendo mediocre e aínda podemos saír disparados cun bolo na man. Tamén abriron unha "Variante Valentina" pola esquerda que supón unha versión algo máis amable deses dous primeiros longos; a parte superior, en palabras de Toño, para coleccionistas. Déixovos cunhas fotos e o bosquexo.

Toño sae da primeira sección da Variante Valentina, o inicio é o máis duro, 7a
No L2 da Variante Valentina, bonito longo! para ir tranquilo porque aínda se pode ir algún bolo! 6c.
Toño chegando á R1 de Síndrome de Down, 7a+, o inicio tamén é o máis duro, alén dalgún paso cachondo polo medio!
Chegando á R2 de Síndrome de Down, 6c+
Esta chegada á R2 é algo picante, principalmente se te equivocas afrontando esa panza final, he he!
O bosquexo con toda a info, via rapelable con corda simple.

3 comentarios:

  1. ESI MALLO NO TIEN ARREGLO JEJEJE UN CAMION DE SIKA LO UNICO,,JEJEJE AUN ASI TENDRE QUE IR A TESTAR BOLOS EN VERANO . UN SALUDO

    ResponderEliminar
  2. Uffff que estres !!!!, que la multirepitan, así con un poco suerte se sanee y manchen bolos, enhorabuena.

    ResponderEliminar
  3. Buenooo, no hai sika pa tanto canto!! he he, al final siempre os toca multirepetir a lso mismos....he he, es que teneis la droja en el colacao!!

    ResponderEliminar