sábado, 18 de outubro de 2014

Un plan C. perfecto: Tormentas en Galayos con Metamorfosis na Cabrera

Cando os plans non se cumpren como esperas deberían saír como me aconteceron a min esta finde de hai uns días: un plan C. perfecto. Levaba tempo dándolle estopa a Pablo para irmos a Galayos e un especial Desnivel acrecentou a miña vontade de coñecer a Peña del Aguila, onde nunca subira trepar; o plan A era facer un par das vías "amables" nesta pena, alén de que hai tantos anos que non subo ao galayar que xa non sei se sabería nin chegar, digo máis... parece mentira mais levo anos sen trepar vías de autoprotección en granito. Despois de concretar Pablo só pode achegarse o sábado, así que ideamos un plan B fantástico ao que se apunta Manuel para o domingo cunha maldade desas que lle falta por encadear, entre os dous seguro que me ian dar un bo repaso, iso si... o meu gozo nun pozo, ningunha na Peña del Aguila mais, cando os do lugar te sacan de paseo, o trunfo está asegurado.
Finalmente a Manuel xórdelle un problema e non pode vir, outra vez será! Pablo tira de inxenio e de compromiso de amigo e arranxa un plan C. inmellorable: sábado pola Vía de las tormentas nas Berroqueras (a idea inicial era sumarlle os dous longos da Danza del fuego), e o domingo ir probar a Metamorfosis na Cabrera, preguntámoslle a Manuel, que ten os dedos esfolados do granito da zona centro, e dinos que a partir das 13h dalle a sombra e estaremos a gusto. En medio temos que chegar a Madrid cedo para o aniversario do Yoryo. Despois de madrugar abondo gozamos dunha escalada clásica, fácil mais moi bonita, nas Berroqueras, mais cando chegamos ao collado xa é bastante tarde e decidimos deixar para outra vez a Danza del fuego e gozar da compañía dos amigos no cumpreanos de Jorge. O domingo escapamos á Cabrera pola Metamorfosis, o primeiro sétimo da peninsula, coñecida vía de autoprotección que merece a pena por si mesma, trátase unha placa de 30 mts, fendida e lixeiramente desplomada, realmente bonita, unha gozada e unha auténtica xesta de Manolo Martínez (o Musgaño), liberada en 1980 mudou alguns marcos á hora de entender este xogo, din que hai algún vídeo por aí onde se lle ve voando nesta vía sobre algún empotra deses tipo T do ano das zocas, unha Nova Dimensión. Grazas Pablo, con amigos coma ti os plans importan menos, ou sempre saen, alén do pracer de gozar da compañía dos amigos, Jorge, Albert, Fernan e familias, seguides sendo uns mozos...  algo máis puretas pero os de sempre... máis aburguesaos... con fillos... piscinas... esas cousas!! he he. Vexamos unhas fotos... hai máis e un bosquexo estupendo (tirado de Vía Clásica) no Blog de Pablo.

Despois dun par de longos fáciles este é o primeiro de Vº na Vía de las Tormentas das Berroqueras, Pablo en acción!
Precioso longo de V+ galayeiro, he he, problablemente o mellor da vía.
As xoias do camiño!!
Pablo tómame a dianteira e escala outro bonito longo de Vº
Na parte superior as dificultades volven baixar máis agasallannos con fotos coma esta, coa preciosa parede da Peña del Águila detrás. Outra vez será!!
Xogamos na Cabrera, esta placa preciosa na agulla de Los Tres Amigos chámase Metamorfosis
A primeira parte da vía é unha fenda fina para retorcer dedos que, metendo e a vista, se me atraganta.

Continúo para enriba coa intención de darlle un segundo pegue a morte
Quenda de Pablo, tamén se se atraganta a fenda fina inicial mais sube coma un titán
Pablo en pleno movimento "metamorfosiano"
A parte final é unha fenda moi fina para a que debemos reservar un alien azul.
No segundo pegue encadeno... sen ir a vista e cos seguros colocados a historia muda moito!!
Un enorme pracer amigo!!!

4 comentarios:

  1. El placer ha sido compartido amigo, como siempre. Mañana intentaré subir a metamorfosearme....

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Dale a muerte que ya la tienes en el bote! y sobre todo... disfrutando!!

      Eliminar
  2. Por si fuera interesante o de utilidad para ti, para tus compañeros de rutas o para los lectores de tu web, tengo publicado el siguiente blog:
    plantararboles.blogspot.com.es
    Se trata de una manual breve y sencillo para que los amantes del monte y del campo podamos reforestar, casi sobre la marcha, aprovechando las semillas que nos dan los árboles y arbustos autóctonos de nuestra propia región.
    Salud,
    José Luis Sáez Sáez

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Vin o teu blog e é moi interesante, principalmente o de sementar sobre a marcha mais tamén hai outra info moi práctica e que, no meu caso, me resulta de utilidade. Sementar é vida, grazas polo teu traballo!!

      Eliminar