luns, 15 de setembro de 2014

Peña Rueba: Así es la vía

Un abrente calqueira deste verán atípico que acorda con nubes e néboa. Trepar en Riglos é unha opción maís esa nova vía que vimos no blog do pirata pinta fantástica e as nubes agasállannos cun bo día para achegarnos a Peña Rueba, sen que nos toste o sol, para gozar dese excelente muro do Mallo la Calva, limitado na súa esquerda polo superteito da Make. Cando chegamos a néboa agocha as meigas arredor do teito e un crebaosos tenta descubrilas movendo as nubes co poder da súas ás... toda unha visión!

A ruta que escalamos chámase Así es la vía, aberta en bo estilo e con carácter mais perfectamente equipada para escalar con cintas. En realidade cómpre felicitar aos aperturistas porque a vía ten os seguros precisos, se a equiparan desde enriba levaría os mesmos, por iso digo que me parece unha ruta ben aberta, principalmente porque as maiores dificultades concéntranse en panzas con pasos algo a bloque, como no caso da saída da R3. Tedes un bo bosquexo e toda a info precisa en Piratas del Mascun. Por certo, uns metros á esquerda vimos a liña de chapas de Frontera Apache, vía que vai por un terreo de características similares, haberá que procurar máis info para outro día de meigas e néboas... vexamos unhas fotos!
Toño apretando no L1, unha panza que che pon as pilas para comezar e que foi a única que non encadeamos, 6c+
Chegando á R3, este longo é moi bo mais hai que tirar de dedos, 6c+

Comezando o L4, esta panza ata chegar onde está Toño é o máis duro da vía, a bloque! 7a+.

Toño de novo na parte superior da panza, bonito longo!

Os longos superiores son máis tumbados e o grado cómodo, porén teredes que cargar coas cintas no arnes porque poucas chapas atoparedes, he he.

Esta parede de Peña Rueba é ben bonita!

2 comentarios:

  1. GUAPA VIA ...HABRA QUE FACELA...OYE REGALAI UN CASU A TU COMPI DE CORDADA ..ESI NARANJA QUE NUN PESA NI ESTORBA JEJEJEJE, UN SALUDO

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Titáaaan, es una vía divertida para pasar un día bonito; te puedes creer que he estado mendigando varios días un compi para escalar BOLOTERAPIA y o ya la habian hecho o no podían, en fin... cuando vuelva palla pienso seguir apretando a la peña, he he. El Toño tiene varios cascos, y todos de los más ligeros, pero es una especie de humanoide que odia las "bacenillas" (así les llama), se lo pone en hielo y va hechando pestes para el casco, he he, es un caso!!!!

      Eliminar