xoves, 18 de setembro de 2014

Ordesa. Tozal del Mallo: Fisura Picazo

A situación, a calidade da rocha e o ambiente desplomado fan de esta vía un rutón, alén do sabor clásico que lle imprime o estilo e o ano de apertura. Era un domingo calquera con predición de sol, despois de varias sesións das frecuentes tormentas deste verán, o bus madrugador ía cheo de escaladores/as cobizosos de aventuras ordesianas sen a ameaza do trebón e o lóstrego. Aló iamos tamén Toño e máis eu na procura da nosa propia experiencia. Aínda co bus cheo a masificación non chegou a esta parte do mundo onde os armarios, e demais electrodomésticos colgantes, só serven para empolincarte neles e as fendas viven ceibes nun mundo de insignificantes mamíferos trepadores.
A Fisura Picazo nace na praza de Catalunya, a carón do inicio superior da Franco-Española, para chegar ata aló nós optamos por Las Brujas, cunha primeira parte realmente preciosa e que te vai quentando ata situarte nunha pequena terraza -o camposanto do voitre- onde comeza outra película, neste caso cun argumento de desplome brutal. Os primeiros metros coido que son os máis dificiles, un pedal axudounos a arrincar, mais logo comeza un xogo desplomado onde aparecen cantos xenerosos e a escalada se fai atlética e de pila alcalina, estes longos son excepcionais; na parte superior atoparemos algo de herba mais o xogo non remata ata chegar ao cumio. Levamos varios bosquexos e ningún nos enamorou (o mellor o de C. Ravier/R. Thivel: "Escaladas en Ordesa" -porén coido que tamén se pode mellorar substancialmente-); por esta razón, e tirando de memoria, fixen un bosquexo que acho será máis adecuado para repetila. Podedes ver máis info sobre esta vía en Aragón en Vertical. Para rematar hai que descubrirse diante do aperturista... o Sr. Picazo pasou en solitario por ese desplome en 1986 e iso ten moitísimo mérito. Imos cunhas fotasas...

Bonita foto de Toño no diedro característico da Brujas, 6b+

Na praza de Catalunya compartimos mantel e mesa cunha cordada maño-andaluza que ia pola Brujas-Francoespañola (desgrazadamente sen birras)

Despois dun pequeno longo de IV rotísimo comeza o terreo desplomado. Toño tira de pedal para pasar estes primeiros metros do L2 que son realmente duros, 7b+, para nós 6b/c-A0; neste inicio o pedal ben moi ben!
Quedei sen cintas no L3 e montei esta reunión con 2 micros, 1 totem, 1 empotra e unha flor bonita para agradarme a vista, he he, uns metros por riba había un pitón mais os bosquexos que levabamos fixeronme dubidar e esta fenda era unha seguridade
Toño nese L3 superdesplomado e con "ambiente garantido", este longo ten bastantes cantos e é alucinante, 7a+, para nós 6b/c-A0.
Outra foto de Toño en plena batalla saíndo do "abismo de Helm"
Uns metros por riba da miña reu de micros, onde se vía un pitón, había outro agochado que sinalaba a reunion, a Toño gustoulle máis o sitio e montouna!! No seguinte longo hai que subirse a ese bloque característico e faiche
moita graza! he he.
Despois dunha sección algo rota pillamos este diedro que é precioso, 6b+.
De novo o meu compi neste bonito e atlético longo!
Seguimos para enriba, agora por un diedro con fenda neta para meter a pracer, ao final da fenda hai un apretón, 6c
No cumio visitounos o helicóptero do GREIM, polo visto un rapaces quedaron enriscados na Ravier. Tivemos que tirarnos sobre as cordas porque o rotor do aparato levántaas, atención a este tema porque non quero nin imaxinar a película se se engachan nas aspas!
Este bosquexo penso que é máis adecuado que os que levamos. O material e o grado obrigado que puxen só é o meu punto de vista e, como sabedes, as opinións dependen da subxectividade de cada un. Espero que vos sirva!!

2 comentarios:

  1. Muy buen croquis de esta extraterrestre ruta (gran obra maestra de un crac de los 80 A.G.Picazo)como bien has dicho en solitario "chapo".
    Lastima que no nos bajaran en el helicóptero me habría venido de perlas dado mi estado físico ufff.
    Saludos.
    toño

    ResponderEliminar
  2. Bien dices Toño! Muuucho respeto para un señor que en esos años se metía en esos tomates, y solo, una aventura de las buenas. Tanto quejarte y no paras cabronazo, al final vas a enterrarnos a todos! Buen viaje y traete info que siempre habrá un tiempo para un necesitao, he he.

    ResponderEliminar