xoves, 24 de abril de 2014

Telera: Corredor del collado


Era un xoves calquera, despois de varios días de treboada, no que ninguén estaba libre para subir ao Telera. Non me gusta ir só ao monte, principalmente porque nunca sabes onde te meterás, porén sempre é un luxo de sensacións que merecen a pena. Aquel día foino. A última vez que subira só ao Telera fixera a Gran Diagonal e fora un auténtico pracer e unha morea de sensacións, esta vez a idea era subir polo Elena mais, cando me puxen embaixo e vin os pasos bastante rochosos, pechóuseme algo na parte baixa das costas e decidín facer o Corredor do collado que se vía máis fácil, volvín acertar porque foi un día de conciliación entre o home e a montaña (veume moi ben despois de meses de lesión, con regresións ao pasado e á dor cada vez que intento apretar un pouco). Foi unha gozada, a única traza que se víu ese día en todo o Telera foi a miña, 6:15h coche-coche abrindo uns 25 cm de neve fresca nunha maña fría e poética!
Era un día de silencio. Sobre os restos da batalla temporal dos días precedentes, con placas e acumulacións de neve, mandaba o silencio do frío albo. Unicamente me acompañaban unhas choias (chovas) e o son das miñas botas na neve, só un chío fóra do niño, unicamente ese chío alegre… abrindo camiño no silenzo enorme. Buscando o acceso máis axeitado ao estado da neve retorcida polo aire, o dévalo do mar xeado, nevificado no caótico salvaxe, vivindo dos restos pasados… porén acude, subindo feliz pola ladeira, ceibado, na beira norte, un grao de sal nese mar embravecido, calmo… sobre os restos da batalla, nos cumios, ceibo! (pois iso... un día poético!)


Ese día non vin outra traza en toda a montaña!

No comezo do corredor, ten un ramal pola esquerda algo máis estreito!

Divertido!

Mais non esvares! esta foto é na parte media

O paso horizontal, na procura da baixada

Unha foto do Corredor del collado



5 comentarios:

  1. toca roca ya...que la nieve acaba con uno....al menos este año acabo conmigo jejejeje.haber si nos vemos por barriello

    ResponderEliminar
  2. Ya tengo ganas, a ver si me mejora el codo y empiezo a darle pq ahora no se ni si haré 6b, he he, pero tengo muchas ganas de rokear. A ti lo que te pasa es que no te sabes tomar el invierno con calma, vas a muerte cuando ves la nieve, ha ha.

    ResponderEliminar
  3. Realmente estabas poético. felicidades pola ascensión, as fotos e máis os textos.

    ResponderEliminar