domingo, 6 de abril de 2014

Mallo Cuchillo: Vía de las madres

Penso que é a última vía aberta no Cuchillo. Outra vía da factoría Fernando Cobo e colegas que, sen ter un grado difícil, supón un pequeno reto se non estás algo curtido en riglos; neste sentido cómpre felicitar aos aperturistas porque hai zonas onde, abrindo desde embaixo, tiveron que lle botar narices -por non dicir outra cousa-. Tiñamos unha mañá de tregua antes de que volvese chover así que convencer a Toño para ir facela custoume algo, é comprensible que o que xa fixo estas vías varias veces sempre prefira unha na Visera con rocha neta e desplome para gozar... esta vez funo levando ao rego e accedeu, he he.
A ruta non é mala mais os dous primeiros longos son de moverte con coidado sobre un pano riglense bastante roto ("gurrufalla" diría Edu), no que non se "goza" demasiado e onde, se non estás algo acostumado a esa rocha, podes penar, aínda que normalmente hai bos paraboles por se levamos un susto. Actuamente os aperturistas están abrindo unha variante directa á R2, esperemos que mellore estes primeiros longos! A partires da R2 a vía muda e a rocha é bastante boa, salientar o paso a bloque cabrón da saída da R3, que lle dá o grao ao longo, e o magnifico L5, desplomado e con canto, que nos leva case ata o cumio. O último longo de Vº non o fixemos porque comezaba a chover, mais polo que vin, tumbado e rotísimo, penso que non vale moito a pena... Fantástico bosquexo de F. Cobo en barrabes.com

O meu compi comezando a vía, 6a, estaba desesperado por subir porque había unha cordada no Frechín soltado bolos...
O segundo longo! a corda sinala por onde vai a ruta, 6a+, e mostra tamén a "gurrufalla" destes dous primeiros longos!
Toño no L3, 6b, a rocha muda e comezas a gozar da escalada e a moverte por panzas!
O paso mais duro da vía! non é fácil esta panza de comezo do cuarto longo, 6b+.
De novo toño nese L4, non temos fotos do L5 mais é o mellor e, aínda que poida parecer o contrario ao ver o muro, cunha rocha excelente.


2 comentarios:

  1. Hijo del satán, no vas a dejar una sin hacer en los Mallos... y cuando yo vaya qué???? ehhhh???? Tendrás que repetir...

    ResponderEliminar
  2. Contigo repito lo que quieras, hasta en el catre! he he, bue... mejor no que tu igual te apuntas que eres medio gay! besitos titán!

    ResponderEliminar