mércores, 2 de abril de 2014

Pisón: Chooper + Chooperior (Superchooper)

Xa non lembro o número de veces que fixen esta vía, varias veces antes de existir a parte superior e unhas cantas máis desde que se abriron estes últimos longos que lle dan á ruta o selo de gran calidade. Sen dúbida a opción máis amable da cara sur do Pisón mais non por iso a ter menos en conta, boa vía con algúns longos de antoloxía, como o sétimo, e con algunhas panzas moi boas como a do L5 ou apretonas como a do L6.


Ese día fun con Kiko, un día invernal no que o sol quentaba abondo ata que chegamos ao último longo onde un vento norte nos fixo abrigarnos con todo o que tiñamos. Eu seguia probando o meu cóbado e comprobando que, despois dun tempo sen trepar, me costa quedarme das cousas pequenas, onde máis noto a falta de forza é cando teño que tirar de dedos, encadenei mais ao límite e coñecendo a vía, en fin... Para Kiko era a primeira vez na sur do Pisón e penso que a gozou tanto coma min, fixen poucas fotos pero déixovos con algunhas.

Kiko gozando dos bolos do L1, V.
O segundo longo, V+

O meu compi segue pillando bolos no L3, 6a.
Chegando á R6, é unha mágoa que non se vexan as panzas desde embaixo! Este 6c mellor un pouco pola esquerda!

Na R6 atopamos unha femia de boitre chocando este ovo, cando me escoitou saiu voando do niño e deume un susto que case me sae o corazón do peito, andaba voando por riba nosa controlando o seu ovo! O muro que segue a esta reunión é o mellor da via, 50 mts de muro vertical e continuo de 6a+ fantástico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario