domingo, 24 de novembro de 2013

Fire: Vía de las fisuras

Agradable sorpresa a da Vía das fisuras do Fire, nunca me chamara a atención por iso das lendas de que estaba rotísima... ata que o ano pasado a restaurarón Óscar Palacios e Miguel Carasol (traballo que hai que agradecerlles e que non sempre se fai, mesmo ás veces todo o contrario). Algún tempo despois lin algún blog falando decentemente da ruta e deixeina no apartado "stand by" da miña memoria, pasaron os meses e, aínda que non me custou moito, puiden rescatala do "disco duro" e convencer a Toño para que a repetise comigo. Cando digo que a sorpresa foi grata é porque a rocha, sendo a típica do Fire, pareceume bastante aceptable, mesmo diria que está bastante ben, exceptuando algún pequeno tramo... alén de que escalar con Toño sempre é un pracer, e máis en Riglos! Cada día teño máis claro que hai que ir ás vías e deixar de facer caso das lendas!
Particularmente paréceme unha boa vía, ademais de recomendable. A ruta foi aberta en 1979 por J.L Ortiz (Tronco) e Nacho, uns autenticos máquinas! Podesdes ver unha entrada en barrabes.com con toda a info sobre o estupendo reequipamento e un bo bosquexo da ruta. A vía comeza na R5 da Galletas (comparten reunión), nós entramos pola Directa as cimas e en dous longos puxémonos na R0, alén de que os catro primeiros longos da vía poden facerse perfectamente en dous, e son longos moi bos; o treito expo penso que, aínda que hai que escalar, se protexe decentemente. Déixovos cunha montaxe de vídeo desas que estou aínda aprendendo a facer, ha ha, tamén fixen un pequeno bosquexo de como fixemos nós a vía, espero que vos guste! 


Así foi a nosa escalada
Así a fixemos nós... entrando pola Directa as Cimas e, despois da R3 unha pequena trave para pillar unha chapa da Galletas e ata a R común, a partir de aqui, xa pola Vía de las fisuras, en catro longos chegas ao cumio perfectamente facendo os catro primeiros longos en dous.

2 comentarios:

  1. Bueno bamos mejorando las filmacions,el crokis estupendo.

    toño

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Me alegro de que te gustase, he he, se hace lo que buenamente se puede! aúnque para hacer filmaciones hace falta un tercero (o un cuarto) y hay que currarselo. Estuve viendo una proyección del Nico Favrese y el Sean Villanueva en un tepui venezolano y esos si se curran los víedos (bue... y le echan un par) no me estraña que los pillase vodafone para el anuncio! en fin... los mindundis vamos sobreviviendo que no es poco, he he!


      Eliminar