venres, 29 de novembro de 2013

Tozal de las Macetas: La caída del Vero

Fronte ao Tozal del Vero érquese este murallón que ata non hai moito viviu agachado ás olladas dos escaladores, parece o veciño pequeno do conxunto e iso mantívoo no anonimato, alén de que non ten unha apariencia "impresionante" mais... xa se sabe que non hai montaña pequena nin tapia curta! he he... e, unha vez metidos no tomate, non deixa de ser unha parede excelente á que Edu e colegas souberon tirarlle moi bo proveito; unha máis das paredes que pasan desapercibidas por estar preto doutra máis "coñecida"  ata que alguén coa paixón necesaria abre o camiño para que voen por si mesmas. Había un ano que fixera a Vértigo con Toño e daquela el chegara un día á miña casa co bosquexo desta ruta que levaba unha frase escrita en cor vermello "guárdalo, está es la siguiente"... pois non, non foi a seguinte pero o outro día vin o bosquexo e pensei que había que usalo!
La caída del Vero é unha boa vía, aberta por Javi Pérez e Edu González, e creo que foi a primeira desta parede. Os tres primeiros longos para min son case unha forma de meterte na vía, aínda que teñen unha placa apretona e un diedro moi bonitos, pero despois hai algo de terreo verdoso que rompe a continuidade... porén, a partires do L3 a ruta pareceume moi boa, de unha escalada bonita para ir movéndote e protexendo sobre unha rocha bastante boa, algún estiramento dos de ¡eehhhh!, he he, e cando chegas ao último longo aquilo desploma coma en Rodellar, hai que facelo porque só este longo xustifica a visita, bestial!!! Como non podíamos saír ata as 9:00 de Huesca, fomos controlando algo o tempo para que non nos pillase a noite e lembro todo o noso horario: ás 10:00 aparcabamos na pista e comezabamos a andar; ás 11:00 a pé de vía; ás 15:00 no árbol de cume e comezando a rapelar; as 16:00 recollíamos as cousas ao pé da parede e as 17 no coche... horario caracol dinamizado, he he (ou Carasol ao natural, he he). Podedes ver o bosquexo no blog de Edu, xunto con outras vías abertas por el na mesma zona, hai que agradecerlle todo ese traballo aperturista e a laboura de exploración... sempre levado por esa motivación indestructible! A vía ten todos os números para acabar sendo unha das clásicas do lugar; atención no penúltimo rapel, se ides con dúas cordas, está nunha faixa algo á esquerda e costa un pouco alcanzalo.

O Tozal de las Macetas, e o percorrido da ruta!
Toño comezando o primerio longo, esa placa é moi boa, 7a+
No L4, moi bonito e onde hai que escalar... 6b+
Toño comeza o L5, de novo hai que moverse por placas ben chulas, 6c

O L6 gustoume moito, travesía e placa moi bonitas e... algunha sorpresa! 6b/A1
Toño chegando á reu despois do A1
O último longo é a guinda! a Toño (na foto) vaille romper o pescozo do escorzo! he he! Unha pena a faixa que rompe a continuidade da parede nesta parte final.
Desploma que non é broma! Toño chegando a unha especie de cheminea onde escalas como ao reves, he he, a partires de aquí é un longo precioso, máis humano e con canto! Ae/6b
Perspectiva do último longo desde esa especie de cheminea onde te dás a volta e escalas... MIRANDO PARA FÓRA, brutal!!
O sol caía e Alquézar buscaba o seu ocaso... un lugar cunha luminosidade especial. Porén, nesta época, e pola semana, non hai un mal sitio onde tomar unha birra!!

4 comentarios:

  1. MUY BIEN JODER...VAS FACETE TOZALVERISTA AL FINAL..VAYA CASCO ULTRALIGERO QUE LLEVA EL TOÑO..QUE YE DE PECEL, TENGO UNA A PUNTO DE CARAMELO...YA TE DIRE... ALA A PINCHAR XEO

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Al Toño no le pone el casco ni el gobierno! Pero pal sol es muuuy maricón y se pone cualquier trapo en la cabeza, he he. Enhorabuena por la Beyond, acabo de verlo, sois mis idolos!

      Eliminar
  2. Gran blog y tremendas fotos, Xosé. Iré entrando para ver qué novedades vas poniendo de tus próximas rutas. Dale duro.
    Salud!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias Joaquin, eso es q no miras muchos blogs, he he, en esta aldea de internet hay autenticas joyas! Y enormes escaladas! Un saludo

      Eliminar