mércores, 23 de outubro de 2013

Paret de Catalunya: Desequilibrio hormonal

Escapadiña con Pablo a Montrebei para que o catase, pasando o día anterior por Riglos onde fixemos a Fiesta..., para el xenial porque non a fixera e para min perfecto xa que podía seguir probando o meu cóbado que ten unha indeterminación manifesta e non sabe en que parte da avería situarse. Desequilibrio hormonal (espero que esa non sexa a doenza que crea tendinites de cóbado) foi unha recomendación de Chavi una noite de bar en Ager, boa recomendación e certamente, como nos dixo, unha vía de sabor a Montrebei; trátase dunha escalada bastante limpa para traballar coa ferralla nas fendas e con algunhas zonas de rocha dubidosa onde hai que escalar... neste caso sen matar no grado nin na exposición. O bosquexo do Luichy fantástico.
A vía é boa, a Pablo non lle encantou mais comprendo a súa opinión ao ser a primeira vez na zona, mais xa repetirá e comezará a gozar dalgúns "horrores", he he... para min é unha vía moi interesante de diedros e fendas con sabor puro a Montrebei. Comezamos a trepar tarde e a vía levounos bastante tempo, seis horas, horario caracol para uns puretas coma nós e contentísimos! he he, o tema é que saímos as 18h por riba, sobraos!! vai ser que non porque agora ben o marrón: é imposible despistarse da fita enorme que sinala a baixada... pois NON!! saímos da vía, recollimos o material e palique tras palique e bla bla bla... eu coidaba que a próxima cima era a da fita, e ao chegar non era, ostias onde está esta cabrona? a vía sae moi próxima a baixada, pasarámonos tres vilas e media! baixo andando como 20 minutos e non vexo a fita, hai que foderse! Pablo chama a Jesus que é medio xabarín e coñece este terreo moi ben... si, si, na parte de arriba! ha ha! liada total! xa dubidabamos de todo e a noite estábanos pillando, ao chegar arriba... claro... tampouco era! xa de noite, cerciorámonos con Jesus de que seguindo a pista saíamos ao coll d´Ares e decidimos, xa noite pecha, continuar e volta pola cima, estrada e pista para volver ao coche, finalmente un francés parapentista que subía buscar a furgo baixounos ata a pista e tirounos parte da pateada; O tema fora que nos pasaramos de longo, pero moito non... moitísimo! mellor abrir os ollos que darlle a lingua! he he; resultado: tres horas para facer o que nos ia levar unha, e as pernas finas! he he. Moralexa: ata que o paxaro non entra no niño está voando! Podedes ver máis fotos no blog de Pablo.

Pablo no diedro do L2 da Fiesta de los biceps, 6c+.

Refrixerando estilo can na Visera, que se frio... que se calor... bonita vía!

Remataron os bolts, xogamos no L1 de Desequilibro hormonal, 6b+, acho que é o máis difícil!
Pablete descosendo ese primeiro longo!
De novo o meu compi, agora comezando o L2, 6a+, cuns pasos ao inicio ben cabróns!

Outra perspectiva dese L2 antes de chegar á reu, que tio con estilo eh!!

O L3 é no que che virán ben os dous camalots do catro, 6b, con algo de morro pódese pasar só con un... mellor gardalo para o final da fenda.
Pablo remontando ese L3, saír á reu mellor por baixo dos bloques rotos (xa o di Luichy no seu bosquexo!)
O meu compi chegando á R4, un longo bonito cunha placa inicial de 6b/6b+.
Pablo comeznado o último longo, tamén bastante chulo, 6a, co mundo baixo os pés!

No cumio, parede de Aragón ao fondo, polas caras aínda non somos conscientes do embarque que está próximo, e mira que tiñamos día para non perdernos! he he, hai que ser algo lelo para pasar esa fita sen vela, en fin... a vida que nos vai levando e os desequilibrios que nos confunden!

4 comentarios:

  1. Eh eh eh me gusta lo de los bosquexos. de luichy que bonito falar galego.
    Veo que te gustó desequilibrio, me alegro.
    Abraxos , Chavi

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Titáaaan! para hacer lo mismo que hace todo el mundo por lo menos lo hago en gallego y así me diferencio un poco, he he, además de ser la lengua donde me siento cómodo escribiendo y, en el fondo, esto es para mi y para los colegas,,, no vamos a inventar nada nuevo!!! y así aprendes algo improductivo, he he. Me gustó!! aunque había que sicar algunos bloques, ha ha, un abrazo!

      Eliminar
    2. Pues que sepas que aunque a veces no entiendo la mitad yo te leo en gallego.

      Por cierto he he es je, je en castellano o simplemente he, he?

      Los jejes nunca me han gustado escribiendo en cambio el eh eh me hace gracia.

      Chavi

      Eliminar
    3. El he he es mio, es mi forma de reir, si río eh eh me ahogoooo!! he he!

      Eliminar