luns, 28 de outubro de 2013

Cap del Ras: Alba Artigas

Nunca trepara nesta parede que domina o espacio de voo de Áger, onde o parapentista fai algo de ladeira para ir na procura dalgunha térmica... un lugar de vistas excepcionais, probablemente dos máis altos do Montsec e onde, debido á súa orientacion sur, se pode escalar ao sol mesmo nos meses máis fríos. Pablo marchara para Madrid e quedei con Jesus para facer a Latin brothers en Montrebei, mais a paliza de baixada do día anterior deixoume a nugalla precisa no corpo como para dicirlle a Jesus de ir a algo máis curto... dito e feito... o Jesus sempre con balas na recámara tirou de bosquexo e decidiu que a Alba Artigas sería unha boa ruta para ir máis tranquis, para min xenial, alén de que así coñecía o Cap del Ras, boa decisión... e teremos que quedar coa Latín para un encontro noutro momento!
A Alba Artigas e unha vía interesante, bastante pina, aínda que a verticalidade da parede está rota por unha gran faixa que a percorre, con placas e desplomes onde hai que navegar e ás veces en territorio algo descomposto, algúns tramos son obrigados e con certo regusto a buscarte a vida que che indica que, ainda non sendo Montrebei, estás no lado malo do Montsec, onde a vida é dura e os forasteiros pagan as copas! he he, a parte superior está algo máis equipada e é máis intuitiva, probablemente o mellor longo é o último. O acceso é curto pero cabrón e a baixada faise ben, aínda que hai buscala un pouco. De novo estivemos guiados polo bosquexo do Luichy, e de forma precisa; podedes ver máis fotos no Blog do Jesus, e gozar das súas estupendas FRASES, he he. Vexamos unhas fotos.

Jesús protexéndose nesa panza fendida do L2, 6a+
A saída do L3 era moi fotoxénica, he he, nas boas fotos hai que pór aos máis guapos! V+.
O meu compi comezando a placa do cuarto longo, para min o clave da ruta, 6a con algo de exposición, como di o bosquexo do Luichy... mellor pola esquerda!!
De novo Jesus, xa cun spit chapado, pero a vía segue por unha fenda algo rota...
O Jesus segue chupando cámara nese L6, V+, pasiño de teitiño!
O oitavo longo, o último, penso que é o mellor, bonito muro! 6a+.
O titán do Pireneo chegando áo cumio nese último longo
Un pracer compartir estas experiencias cos bos amigos!
Ao día seguinte quedei en Áger para seguir a miña aprendizaxe nisto de voar, toda unha experiencia que, no último voo da tarde, me regalou unha arborizaxe, he he, o de aterrar na cima dunha árbore non estaba programado mais ten que ver cos coñecementos do piloto... porque asegúrovos que a arbore non se moveu!


Ningún comentario:

Publicar un comentario